SondeOU parte de BNI Ourense 2

SondeOU parte de BNI Ourense 2

Que significa para ti que SondeOU forme parte de BNI Ourense? Un paso adiante para ofrecer máis, mellor e con máis xente boa ao redor.

Entrar en BNI Ourense non é só asistir a un almorzo semanal. Nin moito menos. Para SondeOU como proxecto que medra, esta incorporación é unha oportunidade de abrir portas, de conectar con xente profesional da provincia e de ofrecer servizos máis completos aos nosos clientes.

Quero explicar con calma o que isto supón, porque ás veces falamos de “networking” coma algo abstracto, pero cando se baixa á realidade enténdese mellor o impacto que pode ter.

1. Unha rede de contactos reais, locais e variados

Un dos puntos máis fortes de BNI é que crea unha comunidade estable de profesionais moi diferentes entre si. É dicir: se ti necesitas algo, nós podemos atopalo. E rápido.

Hai xente especializada en:

  • asesoría fiscal e laboral,

  • tecnoloxía e seguridade,

  • rotulación e impresión,

  • interiorismo,

  • servizos para empresas,

  • saúde e benestar,

  • reformas,

  • e moito máis.

Para ti, isto significa que cando precises un servizo adicional que complemente o noso, podemos recomendarche provedores de confianza, xente que vexo todas as semanas e que traballa ben.

2. Servizos máis completos e con máis valor

En SondeOU vseguimos facendo o de sempre: creatividade, identidade, contido e agora o novo servizo de eventos e experiencias para empresas.

Pero grazas a BNI ampliamos a oferta, porque teño á man empresas que complementan o que facemos:

  • Marketing olfativo

  • Rotulación para eventos ou presentacións

  • Espazos para actos e reunións

  • Provedores de materiais gráficos e de oficina

  • Profesionais de reformas para acondicionar locais

  • Especialistas en tecnoloxía e TPV para negocios

  • E moitas máis áreas onde pode haber sinerxias

Isto axúdanos a que, cando un cliente nos pide algo máis grande, podamos construír un equipo arredor, con xente de Ourense que responde e coida os proxectos.

3. Novo servizo: eventos e experiencias corporativas

Unha das razóns polas que entramos en BNI é porque varios membros animáronnos a seguir creando experiencias. E iso fixo clic. SondeOU abre así unha nova liña:

  • eventos publicitarios,

  • actividades para equipos,

  • experiencias inmersivas,

  • accións temáticas para empresas,

  • e propostas que conectan persoas e ideas.

Non son eventos “de protocolo”, son experiencias deseñadas con creatividade e alma, as que sempre quixemos facer. E este grupo danos o apoio perfecto para que cada evento poida ter iluminación, aromas, rotulación, espazo, música ou o que sexa necesario para que quede redondo.

4. Colaboración en círculo: gañamos nós, e gañades vós

Traballar dentro dunha rede así é como ter un pequeno ecosistema profesional detrás. Se ti chegas cunha necesidade, non só atendoemos o que nos corresponde: tamén podemos revisar se hai alguén máis do grupo que poida sumar valor ao teu proxecto.

Ese é o espírito: colaborar, recomendar, apoiar e crecer xuntos.

5. Compromiso real coa provincia de Ourense

Para nós é importante que SondeOU siga construíndo dende Galicia, dende aquí. BNI Ourense é puro músculo local: empresas da comarca, negocios de toda a vida, proxectos novos, xente que aposta polo lugar onde vive.

Se SondeOU medra, quero que sexa sen perder esa raíz.

Compañeiros cos que agora comparto mesa, ideas e moita enerxía

En BNI Ourense hai profesionais de moito nivel e quero destacar algúns dos que forman parte do grupo con nosco. Moitos deles xa están a xerar sinerxías novas e seguro que aparecerán oportunidades de traballar xuntos.

  • Rosas Abogados: Especialistas en dereito. Perfectos para resolver dúbidas legais.
  • Excoviga: Profesionais da construción. Ideais cando un proxecto precisa unha obra, acondicionamento ou mellora de espazo.
  • Orcellón: empresa con máis de 55 anos de historia, especialistas en pinturas e complementos.
  • Clínicas Casiano: Coidado da saúde e benestar cun enfoque humano e profesional. Un servizo necesario e moi valorado.
  • Viajes Drados: Especialistas en viaxes, eventos turísticos e experiencias para grupos.

6. O que se ven agora para SondeOU

  • A creación oficial da sección de EVENTOS na web.

  • Novas colaboracións con empresas da provincia.

  • Proxectos máis completos que integren creatividade + profesionais do grupo.

  • Ideas que nacen das reunións semanais e se transforman en proxectos reais.

  • E moita ilusión por seguir medrando sen perder a esencia galega que define todo o que facemo.

7. Rematamos

Entrar en BNI Ourense é abrir unha porta cara a máis posibilidades para ti.

SondeOU segue sendo o mesmo estudo creativo, pero agora está acompañado dunha rede capaz de crear solucións máis amplas, máis completas e máis sostidas no tempo.

E se estás lendo isto e tes un proxecto, unha idea ou unha dúbida, sabes que podes escribirnos:

Porque agora, xunto a BNI, temos máis ferramentas para axudarche. E máis ganas tamén.

Envíanos un correo e falamos

O tempo e ouro, contáctanos?

SondeOU en BNI – Ourense 1

SondeOU en BNI – Ourense 1

Unha nova etapa en BNI Ourense: SondeOU entra en rede para crear eventos e experiencias

1. SondeOU crecendo

Este ano, en SondeOU decidimos dar un paso adiante: sumámonos ao grupo BNI Ourense coa vontade de conectar con profesionais locais, colaborar con empresas de Ourense e, sobre todo, crear eventos e experiencias con alma galega. A través desta rede de profesionais comprometidos, buscamos non só establecer novas alianzas se non tamén verter a nosa creatividade en accións vivas, que reúnan marcas, persoas e historias.

2. Que é BNI Ourense e por que nos unimos

BNI é unha rede internacional de networking por recomendacións, e en Galicia (BNI Galicia) ten un firme arraigo. En Ourense, o grupo BNI Ourense reúnese semanalmente para xerár oportunidades de negocio e colaborar activamente entre os seus membros. 
Para SondeOU, formar parte desta comunidade supón:

  • Estar máis preto das empresas da contorna.

  • Apostar pola colaboración e polos resultados reais.

  • Inserir o servizo de “eventos e experiencias” nun ecosistema empresarial dinámico.

3. Colaboracións con empresas de referencia en Ourense

En SondeOU xa temos o privilexio de colaborar ou entrar en contacto con empresas de Ourense que apostan pola calidade,Hoxe nomeamos a algunhas delas pero tedes máis que iremos subindo noutros artigos. Comezamos con:

Estas empresas exemplifican o espírito do noso “ecosistema local”: profesionalidade, proximidade e identidade galega. En BNI Ourense queremos estreitar lazos con firmas coma estas e abrir portas a máis colaboracións creativas.

4. O que SondeOU aporta como servizo de eventos e experiencias

En SondeOU interpretamos o “evento” non só como unha reunión ou acto, senón como unha experiencia transformadora, pensada para conectar, emocionar e deixar pegada. Ao unírmonos a BNI Ourense na categoría de eventos, presentamos unha liña de servizos así:

  • Deseño e produción de actos para empresas e institucións: presentacións, lanzamentos, dinámicas de equipo, encontros culturais.

  • Creación de experiencias inmersivas e temáticas, construídas arredor da identidade e da comunidade.

  • Integración de elementos visuais, espazo, público e narrativa, para que o evento non sexa só “funcional” senón memorable.

  • Adaptación á realidade local galega: levando retranca, territorio, creatividade e impacto directo.

Esta nova liña será visible en breve na nosa web, co seu propio espazo de “Eventos e experiencias”, onde mostraremos casos, formatos, contidos e o impacto para os clientes.

5. A nosa intención de crecemento e colaboración

Ao entrar en BNI Ourense non buscamos simplemente estar, senón actuar. As nosas intencións son claras:

  • Medrar profesionalmente: nas redes, nos clientes, nas colaboracións con empresas da provincia.

  • Crear sinerxías reais: propoñendo aos membros de BNI e ás empresas locais proxectos conxuntos que combinen servizos, talento e creatividade.

  • Consolidar o noso servizo de eventos como unha marca diferenciadora en Galicia.

  • Apoiar a comunidade empresarial de Ourense: contribuír ao seu crecemento, visibilidade e proxectos.

En resumo: SondeOU entra en BNI Ourense para facer, non só para estar. Queremos que o noso traballo teña impacto, que as colaboracións sexan valiosas e que cada evento, cada experiencia, xere resultados reais para os participantes.

6. Conclusión

Formar parte de BNI Ourense marca unha nova etapa para SondeOU: unha etapa de acción, de colaboración local e de creación de experiencias con alma. Con empresas como Más que TPV, Adriano Asesoría, Musuko, La Región, Cutter Rotulación, Smell Maniac, Pétalos Interiorismo, entre outras, queremos abrir camiños e marcar diferenza.

Se es unha empresa, institución ou equipo que quere algo distinto (algo que se viva e non só se celebre), contáctanos. En SondeOU deseñamos para conectarte, para emocionarte e para que xuntos fagamos das túas ideas unha experiencia memorable.

Envíanos un correo e falamos

O tempo e ouro, contáctanos?

Rexistra a túa marca (parte 1) por SondeOU

Rexistra a túa marca (parte 1) por SondeOU

O valor dunha marca: créaa, protéxea e faina medrar | SondeOU

Sabías que a túa marca ten valor máis alá do custo de creala? En SondeOU axudámoste a deseñala, rexistrala e facela medrar con identidade e propósito.

1. As marcas teñen valor canto máis as traballas

Sabías que a túa marca ten valor máis alá do custo de creala? ✨
Nun mercado cheo de estímulos visuais e marcas que compiten pola atención, o valor dunha marca non está só no logotipo, senón en como se constrúe, se coida e se comunica.

En SondeOU, estudio de deseño gráfico en Ourense,  cremos que unha marca é coma unha semente: medra canto máis se traballa con mimo, coherencia e propósito.

Canto máis coñecida sexa, máis valor terá. Pero tamén é máis fráxil.
Sabías que unha marca pode perder o seu valor nunha crise de reputación, ou por un mal uso da súa identidade visual?
E sabías que unha marca recoñecida como Coca-Cola vale miles de millóns… non polo seu produto, senón polo que representa?

Pensa nisto: se poñemos o contido dunha botella de Coca-Cola nunha de Pepsi… ¿saberache a Coca-Cola ou a Pepsi?
As marcas son moito máis ca o que venden: son o que fan sentir.

2. Podes vender ou comprar unha marca, pero o seu valor está no traballo

É certo que se pode vender unha marca xa creada ou mesmo comprar unha con historia, pero o seu valor real non reside unicamente no nome ou no símbolo.
Está no recoñecemento, na confianza e na conexión emocional que consegue co público.
Iso é o que marca a diferenza entre unha etiqueta e unha identidade.

As marcas tamén poden perder valor se non se xestionan ben: cando cambian de mans sen manter o seu sentido, cando deixan de comunicarse ou cando non están protexidas legalmente.
Se queres saber como mantela viva, podes ler tamén:
“Que é unha marca memorable?”

3. Protexe o que construíches: rexistrar a túa marca é clave

Por iso, se xa creaches unha identidade, rexistrala é o seguinte paso natural.
É a maneira de asegurar que ninguén a empregue sen o teu permiso, e de poñer en valor o teu traballo e investimento.

En SondeOU acompañámoste en todo o proceso: desde o deseño da marca ata o rexistro oficial.

Tamén podes consultar a web da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) para saber máis sobre o proceso legal.

4. Cando traballas a túa marca, traballas o seu futuro

Unha marca sólida non se improvisa: créase, medra e protéxese.
Traballar nela día a día —coa túa comunicación, redes sociais, coherencia visual e mensaxe— é o que fai que se converta nun activo real.

💡 En SondeOU axudámoste coa túa estratexia en redes sociais, coa creación de webs profesionais e co acompañamento en todo o proceso.
Porque cando a túa marca medra, medramos tamén nós.

En conclusión:

O valor dunha marca non depende só do seu prezo, senón da historia que conta, da confianza que xera e da emoción que transmite.
As marcas que se coidan, comunican e manteñen coherencia son as que perduran no tempo, as que adquirin valor como se foran un producto.
En SondeOU deseñamos marcas galegas con visión, estratexia e sentimento, para que o teu proxecto non só se vexa: que se recorde, se admire e se valore.

Envíanos un correo e falamos

O tempo e ouro, contáctanos?

SondeOU: deseño gráfico galego con xeito

SondeOU: deseño gráfico galego con xeito

SondeOU

En SondeOU cremos que o deseño é unha lingua. Unha que fala de quen somos, do que nos representa e de como queremos conectar co mundo. Somos un estudo de deseño gráfico en Ourense que combina comunicación visual, cultura e identidade para axudar ás marcas galegas a falar, existir e conectar.

O noso obxectivo é claro: facer que a túa marca conte, emocione e se lembre. Desde o rural, con xeito, retranca e unha ollada que vai do local ao global.

1. Un estudo de deseño gráfico en Ourense

Somos un estudo pequeno, pero con moita alma. O noso nome, SondeOU, xorde de “son de Ou”, porque nacemos no corazón do rural ourensán, primeiro na Ribeira Sacra e agora en Puga (Toén). Dende aquí, conectamos tradición e modernidade para crear identidades visuais con alma galega. Sabemos o que é ser o peixe pequeno, sabemos conectar có público, priorizamos as metas antes que o propio deseño, porque o deseño é unha ferramenta para lograr obxectivos. Contamos as historias das marcas, buscamos o punto diferenciardor, buscamos o que te fará destacar. Somos flexibles, entregados e rectos.

Cada proxecto é unha conversa, unha historia contada con tipografía, cor, textura e emoción. Queremos que as marcas coas que traballamos namoren á súa clientela e deixen pegada.

Traballamos desde Puga (Toén, Ourense), entre soutos e carballos, cun pé na terra e outro no mundo dixital. A nosa esencia é galega: próxima, honesta, con personalidade.
En SondeOU valoramos o proceso tanto como o resultado. Por iso, acompañámoste paso a paso para que o teu proxecto teña sentido, coherencia e impacto real.

2. O noso proceso: as cousas ben feitas, ben parecen

Cremos que o éxito dun proxecto está no proceso.
Por iso seguimos un método propio con 10 fases que van desde o primeiro contacto ata a formación final: reunións, orzamento, brief, entregas e acompañamento.
O obxectivo é que te sintas parte de cada decisión, que coñezas o porqué de cada cambio e que o resultado final reflicta quen es.

  • Reunímonos contigo, coñecemos o teu proxecto e estudamos o mellor camiño.
  • Elaboramos unha proposta visual e estratéxica.
  • Axustamos, entregamos e formámoste para que poidas continuar coa túa marca.

Podes coñecer o proceso completo na sección 👉 SondeOU > Proceso.

3. Colabora con SondeOU e medremos xuntos

Se tes unha idea, un estudo ou unha axencia e queres sumar forzas, colabora con nós.
En SondeOU traballamos con profesionais de comunicación, deseño, fotografía e cultura que buscan proxectos con sentido e valores compartidos.

Podes externalizar servizos, propoñer colaboracións, traer clientes ou participar en accións con compromiso social.
Porque traballar en rede é o que nos fai crecer.

4. SonCultura: activando o patrimonio galego

Dentro de SondeOU nace SonCultura, un proxecto para dar vida ao noso patrimonio a través do deseño, a comunicación e a tecnoloxía.
Colaboramos con concello, asociacións e espazos culturais para crear experiencias que conecten co público de hoxe sen esquecer quen fomos.

Desenvolvemos:

  • Identidades visuais para museos e espazos culturais.

  • Estratexias de difusión e activación.

  • Webs e microsites para rutas, exposicións e festas.

  • Propostas audiovisuais e campañas culturais.

Porque o patrimonio galego non pode quedar calado.

5. Servizos: marca, web e redes sociais

En SondeOU adaptamos cada proxecto á túa realidade.
Ofrecemos packs flexibles e orzamentos personalizados en tres áreas principais:

  • Marca: Creación ou renovación de identidade visual, logotipos, manuais de marca e impresións.
  • Web: Deseño de webs e tendas online adaptadas ao teu estilo e público.
  • Redes Sociais: Xestión, estratexia e creación de contido para facer que a túa marca viva nas redes.

Porque deseñar unha marca é moito máis que facer un logotipo: é crear unha historia que se recoñeza e se lembre.

6. Por que SondeOU?

Porque sabemos de onde vimos e cara a onde imos.
Porque cremos nas marcas galegas e na súa capacidade para inspirar.
E porque entendemos o deseño como unha ferramenta para transformar o territorio, a cultura e as persoas.

💬 SondeOU é deseño gráfico galego con xeito, raíces e visión global.
Aquí, cada marca fala, existe e conecta.

Séguenos en LinkedIn para máis contido.

Envíanos un correo e falamos

O tempo e ouro, contáctanos?

PECADOS

PECADOS

Evento de SondeOU:

Unha experiencia de Samaín en espazo Axacia

No corazón de Puga (Toén), a casa Axacia abre as súas portas para converterse nun escenario de medo, lendas e escuridade.
Este Samaín, mergúllate nun percorrido único polo interior da casa, onde os sete pecados cobran vida entre sombras, cadeas e voces esquecidas.

Unha experiencia inmersiva de 15 a 20 minutos que non esquecerás facilmente.

1. Datas e entradas

Entradas 5€ en taquilla e entrarase por orden de chegada ou pódese reservar e facer o pago a partir do día 13 de Outubre (máis info no apartado COMPRAR PASE ó final deste artigo). 

Preventas de entradas no mesmo lugar unha hora antes, pecharase taquilla as 23:00 o 31 e 1, e o domingo 2 pecharase taquilla ás 20:30.

  • Venres 31 de Outubro dende as 22:30 as 02:00
  • Sábado 1 de Novembro dende as 22:00 as 02:00
  • Domingo 2 de Novembro dende as 19:00 as 22:30

Día especial para censados en Puga, Toén: O 25 de Outubro será gratis para os nosos veciños censados en Puga pero se alguén quere facer donativo aceptarase e se alguén o finde do Samaín non pode vir e pode o 25, terase que por en contacto con SondeOU polo Instagram de SondeOU ou polo correo sondeoustudio@gmail.com

 

  • Sábado 25 de Outubro dende as 22:00 as 12:00 de balde para censados en Puga e convidados.

2. Idades

A experiencia está pensada só para maiores de 18 anos, debido ao seu contido e ó obxetivo do evento.

3. Lugar

En espazo Axacia en Barrio O Pazo 17, Puga, Concello de Toén.

4. Plan

PECADOS é unha experiencia de Samaín creada por SONDEOU® xunto con Axacia® (séguea para máis información) , unha casa de 1935 situada en Puga (Toén) que volve cobrar vida para revelar as súas lendas máis escuras. Trátase dun percorrido inmersivo de 15 a 20 minutos, no que os visitantes coñecerán as historias dos espíritos encadeados á casa e as razóns polas que quedaron atrapados.

👉 A actividade realízase en grupos de máximo 6 persoas, que terán acceso a un photocall temático e contarán cunha guía durante todo o percorrido.

E ti… ¿pecarás tamén? ¿Poderás saír ou quedarás para sempre entre estas paredes?

Un xogo entre o medo e a memoria, deseñado por SondeOU Estudo, un proxecto creativo especializado en identidade, deseño e experiencias culturais.

✨ Unha creación conxunta de SONDEOU® e AXACIA ✨

5. Aviso legal

  • A asistencia a PECADOS implica a aceptación destas condicións.

  • O organizador non se fai responsable de calquera accidente, lesión, perda, roubo ou dano que poidan sufrir as persoas asistentes ou os seus bens durante o evento.

  • O uso de teléfonos móbiles, cámaras ou dispositivos de gravación está totalmente prohibido no interior do espazo.

  • A actividade non é recomendable para persoas con problemas cardíacos, respiratorios, de saúde mental ou con mobilidade reducida.

  • O acceso só está permitido a maiores de 18 anos.

  • Prohíbese a entrada con bebidas alcohólicas, drogas ou obxectos perigosos.

  • Durante a experiencia poderán realizarse gravacións audiovisuais e fotografías con fins promocionais; a asistencia implica a autorización tácita para o seu uso.

  • A organización resérvase o dereito de admisión e de interromper a actividade se se incumpren as normas establecidas.

6. Deseñamos experiencias que deixan pegada

PECADOS é só un exemplo do que podemos facer. En SONDEOU® Estudo especializámonos en identidade, deseño e experiencias culturais que conectan co público e fan que as marcas, espazos ou eventos brillen con forza propia.

Se queres crear un proxecto único, que conte a túa historia e sorprenda ao teu público, falemos.

👉 Descobre máis en: www.sondeou.studio

✨ SONDEOU® — deseño con raíz, ideas con alma. ✨

7. Sorteo Pecados

Queres vivir a experiencia máis escura deste Samaín?
Sorteamos 6 entradas para vir con todo o teu grupo a PECADOS, o tour de medo de Samaín en Axacia (Puga, Toén).

Para participar:

  1. Segue as contas @sondeou e @axacia_gal
  2. Dá gústame a publicación en Instagram que leve este texto.
  3. Comenta etiquetando ás 5 persoas coas que virías
  4. Comparte esta publicación nas túas Historias

📅 Podes participar ata o 25 de outubro ás 23:59 h.
📢 O gañador/a anunciarase o 26 de outubro en Stories e nesta publicación.

 

Aviso legal

  • Sorteo válido só en Instagram.

  • Premio: 6 entradas (un único grupo) para a experiencia PECADOS – Samaín 2025 en Casa Axacia, Puga (Toén) (31 outubro, 1 e 2 novembro).

  • Non se entregará o valor económico equivalente nin se trocará por outro servizo.

  • O gañador/a terá que facilitar nome e apelidos para a reserva.

  • A organización resérvase o dereito de invalidar participacións falsas ou fraudulentas.

  • Este sorteo non está patrocinado, avalado nin administrado por Instagram.

  • A experiencia está restrinxida a menores de 18 anos.

8. COMPRAR PASE

As entradas para PECADOS abriranse o luns 13 de outubro ás 14:00 h.
Cada pase ten un prezo de 5 €.

Podes conseguilos de dúas maneiras

1. Compra presencial

O mesmo día do evento, poderás mercar as túas entradas directamente no espazo AXACIA (Puga, Toén), antes do comezo do percorrido.

2. Compra telemática (dende o 13 de outubro ás 14:00 h)

  1. Envía un WhatsApp ao seguinte número: +34629163901. Indica:
  • Cantidade de entradas (máx. 6 por persoa/DNI)

  • Día escollido para asistir

  1. Enviaremos unha resposta solicitándoche o DNI (necesario para vincular o grupo).
    Se queres máis de 6 entradas, precisarás outro DNI para facer unha segunda compra.
  2. Realiza o pago por Bizum ao mesmo número de teléfono.
    Se o prefires, tamén che facilitaremos un número de conta bancaria para facer transferencia.
  3. No concepto do Bizum ou da transferencia escribe o teu DNI.
    Recibirás por WhatsApp os teus pases nun prazo máximo de 24 horas.

Se precisas factura, avísanos no momento da compra.

O día do tour, leva o teu DNI — será necesario para acceder ao recinto.
🔞 Lembra que a actividade é só para maiores de 18 anos.

Datas e pases dispoñibles

  • Venres, 31 de outubro, dende as 22:00 h → 96 pases dispoñibles

  • Sábado, 1 de novembro, dende as 22:00 h → 96 pases dispoñibles

  • Domingo, 2 de novembro, dende as 19:00 h → 84 pases dispoñibles

Día especial para veciños/as de Puga (Toén)

Venres, 25 de outubro, de 22:00 a 00:00 h

Entrada de balde para as persoas censadas en Puga e convidadas.
Se queres facer un pequeno donativo, aceptarase con agradecemento.

Se algún/ha veciño/a non pode asistir no Samaín pero si o día 25, deberá contactar previamente con SondeOU:
📩 sondeoustudio@gmail.com
📲 ou por mensaxe directa en Instagram


✨ Unha experiencia deseñada por SONDEOU® e AXACIA®.

E ti, es de aquí ou vés ao evento?

Se tes algunha dúbida, contáctanos