Evento de SondeOU:
Unha experiencia de Samaín en espazo Axacia
No corazón de Puga (Toén), a casa Axacia abre as súas portas para converterse nun escenario de medo, lendas e escuridade.
Este Samaín, mergúllate nun percorrido único polo interior da casa, onde os sete pecados cobran vida entre sombras, cadeas e voces esquecidas.
Unha experiencia inmersiva de 15 a 20 minutos que non esquecerás facilmente.
1. Datas e entradas
Entradas 5€ en taquilla e entrarase por orden de chegada ou pódese reservar e facer o pago a partir do día 13 de Outubre (máis info no apartado COMPRAR PASE ó final deste artigo).
Preventas de entradas no mesmo lugar unha hora antes, pecharase taquilla as 23:00 o 31 e 1, e o domingo 2 pecharase taquilla ás 20:30.
- Venres 31 de Outubro dende as 22:30 as 02:00
- Sábado 1 de Novembro dende as 22:00 as 02:00
- Domingo 2 de Novembro dende as 19:00 as 22:30
Día especial para censados en Puga, Toén: O 25 de Outubro será gratis para os nosos veciños censados en Puga pero se alguén quere facer donativo aceptarase e se alguén o finde do Samaín non pode vir e pode o 25, terase que por en contacto con SondeOU polo Instagram de SondeOU ou polo correo sondeoustudio@gmail.com
- Sábado 25 de Outubro dende as 22:00 as 12:00 de balde para censados en Puga e convidados.
2. Idades
A experiencia está pensada só para maiores de 18 anos, debido ao seu contido e ó obxetivo do evento.
3. Lugar
En espazo Axacia en Barrio O Pazo 17, Puga, Concello de Toén.
4. Plan
PECADOS é unha experiencia de Samaín creada por SONDEOU® xunto con Axacia® (séguea para máis información) , unha casa de 1935 situada en Puga (Toén) que volve cobrar vida para revelar as súas lendas máis escuras. Trátase dun percorrido inmersivo de 15 a 20 minutos, no que os visitantes coñecerán as historias dos espíritos encadeados á casa e as razóns polas que quedaron atrapados.
👉 A actividade realízase en grupos de máximo 6 persoas, que terán acceso a un photocall temático e contarán cunha guía durante todo o percorrido.
E ti… ¿pecarás tamén? ¿Poderás saír ou quedarás para sempre entre estas paredes?
Un xogo entre o medo e a memoria, deseñado por SondeOU Estudo, un proxecto creativo especializado en identidade, deseño e experiencias culturais.
✨ Unha creación conxunta de SONDEOU® e AXACIA ✨
5. Aviso legal
-
A asistencia a PECADOS implica a aceptación destas condicións.
-
O organizador non se fai responsable de calquera accidente, lesión, perda, roubo ou dano que poidan sufrir as persoas asistentes ou os seus bens durante o evento.
-
O uso de teléfonos móbiles, cámaras ou dispositivos de gravación está totalmente prohibido no interior do espazo.
-
A actividade non é recomendable para persoas con problemas cardíacos, respiratorios, de saúde mental ou con mobilidade reducida.
-
O acceso só está permitido a maiores de 18 anos.
-
Prohíbese a entrada con bebidas alcohólicas, drogas ou obxectos perigosos.
-
Durante a experiencia poderán realizarse gravacións audiovisuais e fotografías con fins promocionais; a asistencia implica a autorización tácita para o seu uso.
-
A organización resérvase o dereito de admisión e de interromper a actividade se se incumpren as normas establecidas.
6. Deseñamos experiencias que deixan pegada
PECADOS é só un exemplo do que podemos facer. En SONDEOU® Estudo especializámonos en identidade, deseño e experiencias culturais que conectan co público e fan que as marcas, espazos ou eventos brillen con forza propia.
Se queres crear un proxecto único, que conte a túa historia e sorprenda ao teu público, falemos.
👉 Descobre máis en: www.sondeou.studio
✨ SONDEOU® — deseño con raíz, ideas con alma. ✨
7. Sorteo Pecados
Queres vivir a experiencia máis escura deste Samaín?
Sorteamos 6 entradas para vir con todo o teu grupo a PECADOS, o tour de medo de Samaín en Axacia (Puga, Toén).
Para participar:
- Segue as contas @sondeou e @axacia_gal
- Dá gústame a publicación en Instagram que leve este texto.
- Comenta etiquetando ás 5 persoas coas que virías
- Comparte esta publicación nas túas Historias
📅 Podes participar ata o 25 de outubro ás 23:59 h.
📢 O gañador/a anunciarase o 26 de outubro en Stories e nesta publicación.
Aviso legal
-
Sorteo válido só en Instagram.
-
Premio: 6 entradas (un único grupo) para a experiencia PECADOS – Samaín 2025 en Casa Axacia, Puga (Toén) (31 outubro, 1 e 2 novembro).
-
Non se entregará o valor económico equivalente nin se trocará por outro servizo.
-
O gañador/a terá que facilitar nome e apelidos para a reserva.
-
A organización resérvase o dereito de invalidar participacións falsas ou fraudulentas.
-
Este sorteo non está patrocinado, avalado nin administrado por Instagram.
-
A experiencia está restrinxida a menores de 18 anos.
8. COMPRAR PASE
As entradas para PECADOS abriranse o luns 13 de outubro ás 14:00 h.
Cada pase ten un prezo de 5 €.
Podes conseguilos de dúas maneiras
1. Compra presencial
O mesmo día do evento, poderás mercar as túas entradas directamente no espazo AXACIA (Puga, Toén), antes do comezo do percorrido.
2. Compra telemática (dende o 13 de outubro ás 14:00 h)
- Envía un WhatsApp ao seguinte número: +34629163901. Indica:
-
Cantidade de entradas (máx. 6 por persoa/DNI)
-
Día escollido para asistir
- Enviaremos unha resposta solicitándoche o DNI (necesario para vincular o grupo).
Se queres máis de 6 entradas, precisarás outro DNI para facer unha segunda compra. - Realiza o pago por Bizum ao mesmo número de teléfono.
Se o prefires, tamén che facilitaremos un número de conta bancaria para facer transferencia. - No concepto do Bizum ou da transferencia escribe o teu DNI.
Recibirás por WhatsApp os teus pases nun prazo máximo de 24 horas.
Se precisas factura, avísanos no momento da compra.
O día do tour, leva o teu DNI — será necesario para acceder ao recinto.
🔞 Lembra que a actividade é só para maiores de 18 anos.
Datas e pases dispoñibles
-
Venres, 31 de outubro, dende as 22:00 h → 96 pases dispoñibles
-
Sábado, 1 de novembro, dende as 22:00 h → 96 pases dispoñibles
-
Domingo, 2 de novembro, dende as 19:00 h → 84 pases dispoñibles
Día especial para veciños/as de Puga (Toén)
Venres, 25 de outubro, de 22:00 a 00:00 h
Entrada de balde para as persoas censadas en Puga e convidadas.
Se queres facer un pequeno donativo, aceptarase con agradecemento.
Se algún/ha veciño/a non pode asistir no Samaín pero si o día 25, deberá contactar previamente con SondeOU:
📩 sondeoustudio@gmail.com
📲 ou por mensaxe directa en Instagram
✨ Unha experiencia deseñada por SONDEOU® e AXACIA®.
E ti, es de aquí ou vés ao evento?

Hola
Donde se compran las entradas? Donde se reserva el día/hora?
Moitas grazas polo seu comentario. As entradas pódense comprar en taquilla e entrarase por orden de chegada ou a partir do día 10 de outubro do 2025 reserva e pago por whatsapp, asiganarase un número de entrada e un dni para identificarvos en taquilla. Vou engadir esta información na web. Grazas e disculpe a molestias