Que significa para ti que SondeOU forme parte de BNI Ourense? Un paso adiante para ofrecer máis, mellor e con máis xente boa ao redor.
Entrar en BNI Ourense non é só asistir a un almorzo semanal. Nin moito menos. Para SondeOU como proxecto que medra, esta incorporación é unha oportunidade de abrir portas, de conectar con xente profesional da provincia e de ofrecer servizos máis completos aos nosos clientes.
Quero explicar con calma o que isto supón, porque ás veces falamos de “networking” coma algo abstracto, pero cando se baixa á realidade enténdese mellor o impacto que pode ter.
1. Unha rede de contactos reais, locais e variados
Un dos puntos máis fortes de BNI é que crea unha comunidade estable de profesionais moi diferentes entre si. É dicir: se ti necesitas algo, nós podemos atopalo. E rápido.
Hai xente especializada en:
-
asesoría fiscal e laboral,
-
tecnoloxía e seguridade,
-
rotulación e impresión,
-
interiorismo,
-
servizos para empresas,
-
saúde e benestar,
-
reformas,
-
e moito máis.
Para ti, isto significa que cando precises un servizo adicional que complemente o noso, podemos recomendarche provedores de confianza, xente que vexo todas as semanas e que traballa ben.
2. Servizos máis completos e con máis valor
En SondeOU vseguimos facendo o de sempre: creatividade, identidade, contido e agora o novo servizo de eventos e experiencias para empresas.
Pero grazas a BNI ampliamos a oferta, porque teño á man empresas que complementan o que facemos:
-
Marketing olfativo
-
Rotulación para eventos ou presentacións
-
Espazos para actos e reunións
-
Provedores de materiais gráficos e de oficina
-
Profesionais de reformas para acondicionar locais
-
Especialistas en tecnoloxía e TPV para negocios
-
E moitas máis áreas onde pode haber sinerxias
Isto axúdanos a que, cando un cliente nos pide algo máis grande, podamos construír un equipo arredor, con xente de Ourense que responde e coida os proxectos.
3. Novo servizo: eventos e experiencias corporativas
Unha das razóns polas que entramos en BNI é porque varios membros animáronnos a seguir creando experiencias. E iso fixo clic. SondeOU abre así unha nova liña:
-
eventos publicitarios,
-
actividades para equipos,
-
experiencias inmersivas,
-
accións temáticas para empresas,
-
e propostas que conectan persoas e ideas.
Non son eventos “de protocolo”, son experiencias deseñadas con creatividade e alma, as que sempre quixemos facer. E este grupo danos o apoio perfecto para que cada evento poida ter iluminación, aromas, rotulación, espazo, música ou o que sexa necesario para que quede redondo.
4. Colaboración en círculo: gañamos nós, e gañades vós
Traballar dentro dunha rede así é como ter un pequeno ecosistema profesional detrás. Se ti chegas cunha necesidade, non só atendoemos o que nos corresponde: tamén podemos revisar se hai alguén máis do grupo que poida sumar valor ao teu proxecto.
Ese é o espírito: colaborar, recomendar, apoiar e crecer xuntos.
5. Compromiso real coa provincia de Ourense
Para nós é importante que SondeOU siga construíndo dende Galicia, dende aquí. BNI Ourense é puro músculo local: empresas da comarca, negocios de toda a vida, proxectos novos, xente que aposta polo lugar onde vive.
Se SondeOU medra, quero que sexa sen perder esa raíz.
Compañeiros cos que agora comparto mesa, ideas e moita enerxía
En BNI Ourense hai profesionais de moito nivel e quero destacar algúns dos que forman parte do grupo con nosco. Moitos deles xa están a xerar sinerxías novas e seguro que aparecerán oportunidades de traballar xuntos.
- Rosas Abogados: Especialistas en dereito. Perfectos para resolver dúbidas legais.
- Excoviga: Profesionais da construción. Ideais cando un proxecto precisa unha obra, acondicionamento ou mellora de espazo.
- Orcellón: empresa con máis de 55 anos de historia, especialistas en pinturas e complementos.
- Clínicas Casiano: Coidado da saúde e benestar cun enfoque humano e profesional. Un servizo necesario e moi valorado.
- Viajes Drados: Especialistas en viaxes, eventos turísticos e experiencias para grupos.
6. O que se ven agora para SondeOU
-
A creación oficial da sección de EVENTOS na web.
-
Novas colaboracións con empresas da provincia.
-
Proxectos máis completos que integren creatividade + profesionais do grupo.
-
Ideas que nacen das reunións semanais e se transforman en proxectos reais.
-
E moita ilusión por seguir medrando sen perder a esencia galega que define todo o que facemo.
7. Rematamos
Entrar en BNI Ourense é abrir unha porta cara a máis posibilidades para ti.
SondeOU segue sendo o mesmo estudo creativo, pero agora está acompañado dunha rede capaz de crear solucións máis amplas, máis completas e máis sostidas no tempo.
E se estás lendo isto e tes un proxecto, unha idea ou unha dúbida, sabes que podes escribirnos:
Porque agora, xunto a BNI, temos máis ferramentas para axudarche. E máis ganas tamén.
Envíanos un correo e falamos
