1. Que é o briefing de SondeOU

1. Que é o briefing de SondeOU

Que é un briefing e por que é tan importante para crear unha marca?

Tes unha idea bastante clara de como queres que sexa a túa marca. Sabes a que te dedicas, quen é o teu público e incluso pode que teñas algunha cor ou estilo en mente. Entón chegas a SondeOU para crear a túa identidade visual e, antes de comezar a deseñar, dinche que vai haber varias reunións e incluso tes que encher un formulario cunha morea de preguntas.

Non te queremos complicar a vida. É o briefing, o noso cinturón de seguridade e a crave da túa marca.

E, aínda que ás veces poida parecer un formulario máis, para nós é unha das partes máis importantes de todo o proceso creativo.

1. Que é o briefing?

O briefing é un documento no que se recolle a información esencial dun proxecto: quen é a empresa, que fai, cales son os seus obxectivos, a quen se dirixe, que antecedentes ten, cal é a súa competencia, que quere comunicar ou que condicionantes debemos ter en conta.

É, en definitiva, o punto de partida do proxecto.

Adobe define o briefing creativo como unha folla de ruta que establece o alcance e os obxectivos dun proxecto e proporciona ao equipo creativo a información necesaria para traballar nunha dirección común. E hai un detalle importante: un bo briefing debe dar dirección, pero non proporcionar a solución creativa.

O briefing non ten que dicirnos como debe ser o logotipo. Ten que darnos a información necesaria para que poidamos descubrir como podería ser.

.

2. Para que serve o briefing?

Un bo briefing permítenos entender o proxecto e xa ir véndoo antes de abrir Illustrator.

Serve para coñecer a empresa, a súa historia, os seus valores, o público ao que quere chegar, os seus competidores, os seus obxectivos e aquilo que a fai diferente ( o máis importante). Tamén permite que cliente e estudio partamos da mesma información e reduce malentendidos, cambios de dirección e decisións baseadas simplemente no “gústame” ou “non me gusta”.

Nun proxecto de deseño, coñecer o público obxectivo, os antecedentes da empresa e os seus obxectivos permite tomar decisións visuais fundamentadas. É precisamente unha das funcións que se atribúen aos design briefs: servir de ponte entre o que necesita o cliente e o traballo creativo do deseñador.

Pero en SondeOU hai outra parte que nos interesa especialmente: atopar a historia. Cada persoa que está detrás dunha marca ten unha historia que pode repetirse en algún punto pero sempre ten un punto diferenciador, no mundo das marcas ser diferente significa que te vexan. 

3. Por que en SondeOU che pedimos o briefing para crear a túa marca?

Porque se nos dis unicamente “teño unha cafetería e necesito un logotipo”, poderiamos facer unha cunca de café.

E probablemente xa existan uns cantos miles.

O mesmo sucede cunha panadería e unha barra de pan, unha clínica dental e un dente ou unha perruquería e unhas tesoiras.

Todo iso explica o sector, pero non necesariamente explica a marca.

Por iso, cando en SondeOU traballamos nun proxecto de identidade visual ou deseño de logotipo, queremos coñecer moito máis.

Queremos saber por que naceu o proxecto. De onde vén o seu nome. Quen está detrás. Que historia persoal existe. Que referencias tes. Que che gusta e que detestas. Que valores queres transmitir. Como queres que te perciban. Quen é o teu público. Quen é a túa competencia. Que lugares, persoas, recordos ou experiencias forman parte da historia do proxecto ou simplemente da túa vida.

Ás veces pode interesarnos incluso saber cal era o teu conto favorito de pequena.

Porque nunca sabes onde está a idea.

4. Un logotipo, unha historia

Starbucks, máis que café.

Por qué a imaxe de Starbucks é unha serea de dúas colas?

A historia oficial da compañía conta que, cando se estaba construíndo a marca en 1971, buscaban unha identidade vinculada á tradición marítima do comercio do café e á proximidade de Seattle co mar. O deseñador Terry Heckler atopou nun antigo libro marítimo a ilustración dunha serea de dúas colas procedente da mitoloxía grega. A propia compañía explica que esa figura acabou funcionando como metáfora do poder de atracción do café: unha serea que atrae co seu canto.

E ademáis o nome Starbucks está relacionado con Moby-Dick: Starbuck é o primeiro oficial do barco Pequod. A compañía explica que buscaba un nome que evocase aventura, mar e a tradición dos primeiros comerciantes de café.

Coñece a historia da serea de Starbucks

Non necesitas ver unha cunca de café para construír unha identidade arredor do café.

Necesitas atopar unha historia que teña sentido.

5. Contar o que fas cun pequeno detalle

Amazon de A á Z

Outro exemplo coñecido é Amazon.

A frecha do seu logotipo funciona visualmente como un sorriso, pero ademais vai desde o “a” ata o “z”.

Cando Amazon presentou ese deseño no ano 2000, explicou oficialmente que o sorriso buscaba transmitir satisfacción do cliente e que o percorrido da A á Z representaba a amplitude da súa oferta: produtos “de A a Z”.

Historia oficial do logotipo de Amazon

Unha frecha. Un sorriso. Dúas letras.

Poucos elementos poden contar bastante cando detrás existe unha idea.

6. Unha forma sinxela cun significado detrás

Nike é outro nivel

O Swoosh é probablemente un dos símbolos máis recoñecibles do mundo, pero tampouco nace simplemente como unha forma bonita asociada ao deporte.

Nike explica que o símbolo, creado en 1971, inspirouse na deusa grega Nike, deusa da vitoria. Co paso do tempo converteuse nun símbolo ligado ao movemento, ao progreso e ao deporte.

Coñece máis sobre a historia do Swoosh de Nike

E aquí volvemos ao briefing.

Se só preguntamos “que vendes?”, quedamos na superficie.

Pregúntate millor:  “por que existe a túa marca?”, “que queres conseguir?”, “que historia hai detrás?” ou “que significa isto para ti?”

7. Como cubrir o briefing de SondeOU

.

Cando che enviemos o noso formulario de briefing, non buscamos respostas perfectas nin frases de marketing. Buscamos as túas palabras.

Buscamos información.

Cóntanos quen es e por que chegaches ata aquí. Cóntanos como naceu a empresa, aínda que a historia che pareza pouco importante. Cóntanos por que escolliches ese nome. Quen é o teu público. Que queres que pense alguén cando vexa a túa marca. Que empresas che gustan e por que. Que referencias visuais che atraen. Que cousas non queres ver nin en pintura.

E cóntanos tamén aquilo que aparentemente non ten nada que ver co teu produto.

Un lugar. Unha persoa. Unha frase. Unha lembranza. Unha tradición familiar. Unha historia persoal. Unha maneira particular de fabricar algo. Un obxecto. Unha paisaxe. Un conto infantil. Unha obsesión.

Non significa que todo vaia acabar no logotipo.

Significa que nos estás dando material para pensar.

8. Non intentes deseñar ti a solución no briefing

Cando cubras un briefing creativo, intenta explicarnos o problema e non resolvernos o deseño.

“Quero transmitir proximidade, tradición e confianza” dános información.

“Quero un círculo verde cunha árbore dentro” xa nos está dando unha solución.

E pode que a árbore sexa a mellor idea. Ou pode que, despois de coñecer a túa historia, descubramos algo moito máis propio.

Un briefing debe orientar sen limitar excesivamente a exploración creativa. Deixa espazo ao equipo creativo para desenvolver conceptos.

Pedímosche referencias, pero non para copialas. Queremos saber que che gusta delas: a súa sinxeleza, a tipografía, a personalidade, a maneira de comunicar, as cores ou a sensación que che producen.

9. O briefing tamén nos axuda a explicarche por que

En SondeOU queremos poder explicarche por que unha tipografía ten sentido, por que aparece determinado movemento nun símbolo, por que escollemos unha forma, que relación ten unha cor coa personalidade da marca ou de onde nace un pequeno detalle do logotipo.

E para poder construír ese relato necesitamos coñecer primeiro o teu.

Por iso gardamos o briefing, volvemos a il durante o proceso e utilizámolo como referencia á hora de tomar decisións.

Nós non facemos cousas bonitas facemos comunicación.

EXPERIENCIAS

Cando presentamos as opcións de marca a un cliente e contamos cómo naceron, nunca hai un no me gusta; hai un xa o teño claro.

10. Conclusión

Ás veces as mellores ideas nacen dunha resposta que parecía secundaria.

Unha historia que contas case de pasada. Unha palabra que utilizas continuamente. Algo que facía a túa avoa. O lugar no que comezou todo. Unha maneira diferente de producir. Unha anécdota. Unha referencia cultural.

Ese pequeno detalle pode acabar converténdose nun xesto tipográfico, nunha forma, nun símbolo ou nun concepto capaz de facer que a túa identidade sexa realmente túa.

Por iso en SondeOU non queremos que cubras o briefing pensando “que resposta estará buscando a deseñadora?”.

Queremos a túa resposta.

Porque para facer un logotipo podemos abrir Illustrator pero para construír unha marca, primeiro temos que coñecela.

Envíanos un correo e falamos

O tempo e ouro, contáctanos?

Redes sociais 2025 e tendencias para 2026

Redes sociais 2025 e tendencias para 2026

Redes sociais 2025: que funcionou, que non e que esperar en 2026

Durante anos instalouse a idea nas redes sociais: canto máis publiques, mellor. Máis formatos, máis frecuencia e máis presenza. Porén, os datos de 2025 veñen desmontar esa lóxica. As plataformas están máis saturadas ca nunca e as audiencias máis cansas. O resultado é claro: hai máis contido, pero menos impacto por publicación.

O último estudo anual de Metricool baseado na análise de millóns de publicacións, confirma algo que desde SondeOU levamos tempo vendo no traballo diario con marcas, negocios e proxectos locais: as redes non están mortas; o que está morto é publicar sen criterio.

Imos contarcho con máis tino qué pasou cás redes máis coñecidas. Recorda comentar e contarnos cal é a túa opinión.

1. LinkedIn: máis contido, menos visibilidade

LinkedIn segue medrando como plataforma profesional, especialmente en sectores B2B. En 2025 aumentaron tanto o número de contas activas como a frecuencia de publicación, pero as impresións por post caeron arredor dun 23 %.

Este dato marca un punto de inflexión. Publicar a diario xa non garante visibilidade nin interacción. Pola contra, o algoritmo parece premiar cada vez máis o contido con reflexión, experiencia e punto de vista propio. Unha publicación semanal ben traballada, con intención clara e mensaxe útil, adoita ter mellor rendemento ca unha cadea de publicacións rápidas xeradas por rutina ou automatización excesiva.

A IA pasa factura. Moitos usuarios estanse a queixar de que todo o mundo ten o mesmo ton, que as contestacións teñen o mesmo formato, que todo parece que o conta a mesma persoa; se ademáis engadimos a repeticións de post ou temas, as visualizacións caens. Resulta que antes subíamos menos contido pero estaba millor pensado. Máis calidade, menos cantidade. Máis humanos, menos máquinas.

redes sociais 2025 linkedin

En 2026, LinkedIn será unha rede cada vez máis selectiva. A sobrepublicación e o contido xerado sen reflexión perderán visibilidade, mentres que gañarán peso as publicacións con experiencia real, punto de vista propio e coñecemento aplicable. O algoritmo tenderá a premiar a calidade por riba da frecuencia, facendo que publicar menos pero mellor sexa unha estratexia máis efectiva ca nunca. Será un espazo clave para quen teña algo que contar dende a práctica, non dende o manual.

2. TikTok: segue forte, pero máis competitivo

TikTok continúa sendo unha das redes con maior capacidade de alcance, pero en 2025 baixaron as reproducións medias por vídeo. Isto non indica unha perda de interese da plataforma, senón unha consecuencia directa do seu éxito: hai moito máis contido e moitos máis actores competindo polo mesmo espazo.

En TikTok xa non abonda con seguir tendencias ou repetir fórmulas. A creatividade, a identidade de marca e a coherencia co público son cada vez máis determinantes. Sen estratexia, o contido pérdese no fluxo. Se fas o mesmo que os demáis pode que te vexan pero non se van quedar contigo. O importate é sempre ser pregnante.

En 2026 todo apunta a que TikTok seguirá sendo relevante, pero con menos tolerancia ao contido repetido e ás tendencias copiadas sen adaptación. A plataforma manterá o seu potencial de alcance, pero só para quen constrúa unha identidade clara e unha relación real coa súa audiencia. O improvisado irá perdendo peso fronte ao contido pensado, coherente e recoñecible. TikTok seguirá funcionando, pero xa non para todo o mundo nin de calquera xeito.

3. Facebook: o gran mal entendido

Durante anos falouse de Facebook como dunha rede en declive, pero os datos din o contrario. En 2025 o alcance medio das publicacións aumentou máis dun 50 %. Facebook funciona, especialmente para proxectos que traballan comunidade, proximidade e constancia. Se tes unha asociación, un grupo, comercio local ou fundación, iste é teu sitio.

En 2026, Facebook afastarase aínda máis da lóxica da viralidade e consolidarase como unha rede de relación e comunidade. Negocios locais, entidades culturais e institucións atopan aquí unha canle sólida para manter relación co seu público. Non é unha rede de modas, senón de vínculo. Ben traballada, responde. As marcas que traballen Facebook con constancia, contido útil e enfoque humano atoparán unha audiencia fiel, aínda que non masiva. Menos foco no impacto inmediato e máis no vínculo sostido.

4. Perfil de Empresa en Google: visibilidade que converte

Un dos crecementos máis significativos de 2025 produciuse no Perfil de Empresa en Google, con aumento nas reservas e nas interaccións. Para negocios locais, esta ferramenta segue sendo clave.

Mentres moitas marcas centran todos os esforzos nas redes sociais, Google continúa sendo ese espazo onde a intención de compra é real. Un perfil optimizado, actualizado e coidado pode marcar a diferenza entre aparecer ou non no momento decisivo.

Busca valoracións dos teus clientes, traballa o posicionamento para que non só Google te recomende, tamén a IA.

De cara a 2026, o Perfil de Empresa en Google reforzará o seu papel como unha das ferramentas máis importantes para negocios locais. Nun contexto de saturación publicitaria, a confianza será determinante, e Google seguirá sendo o espazo onde a intención do usuario é máis clara. Ter un perfil coidado, activo e actualizado non será unha opción, senón unha necesidade para competir. Menos storytelling e máis utilidade real.

5. Instagram: saturación e esixencia máxima

Instagram é a plataforma onde máis se nota a saturación. En 2025 caeu o alcance, especialmente nos Reels. Hai máis contas, máis publicacións e máis formatos, pero menos marxe para destacar.

Isto obriga a tomar decisións: non todo contido merece ser publicado, nin todas as marcas necesitan estar activas a diario. A coherencia visual, o relato e a calidade pesan máis ca a frecuencia. Instagram xa non regala atención. Aquí necesitamos branding, potenciar a imaxe de marca, buscar a necesidade do noso público para darlle o que realmente o activa. É moi importante analizar os datos e ver qué funciona e que non.

Instagram continuará endurecendo o seu ecosistema en 2026. O alcance orgánico seguirá sendo limitado e o algoritmo será cada vez máis selectivo co contido sen proposta clara. As marcas que funcionen serán aquelas capaces de construír un relato coherente, cunha identidade visual sólida e unha mensaxe recoñecible. Publicar por rutina deixará de ter sentido; cada publicación terá que xustificarse por valor, non por calendario.

6. Pinterest: constancia e longo percorrido

Pinterest segue xogando noutra liga. Non busca viralidade inmediata, senón descubrimento e inspiración. A súa audiencia é máis tranquila, máis amable e os contidos teñen unha vida útil moito máis longa ca noutras redes. Sempre están ahí os Pins, coma recurso polo que sempre están funcionando.

Para marcas que traballan produto, identidade ou contido evergreen, Pinterest é unha aposta estratéxica a medio e longo prazo que require planificación, pero ofrece estabilidade. Se eres artesano, fotógrafo, decorador, viaxas, escritor de citas… sen dúbidas, Pinterest é a túa ferramenta.

En 2026, Pinterest manterá o seu papel como rede de descubrimento e planificación, afastada do ruído doutras plataformas. Non será unha rede de crecementos rápidos, pero si un espazo estable para proxectos que pensen a longo prazo. O contido ben estruturado, útil e atemporal seguirá tendo percorrido, facendo de Pinterest unha boa aliada para marcas que prioricen intención, inspiración e tráfico de calidade fronte á viralidade efémera.

7. YouTube: o regreso do contido que perdura

redes sociais 2025 youtube

Durante anos falouse de YouTube como unha plataforma “difícil”, “lenta” ou reservada só para grandes creadores. Pero 2025 demostrou xusto o contrario. YouTube foi unha das redes que mellor resistiu a saturación xeral das redes sociais e, máis aínda, unha das que máis medrou en reproducións por vídeo.

Mentres outras plataformas apostaron por acelerar o consumo ata o extremo (vídeos cada vez máis curtos, máis rápidos e máis esquecibles), YouTube seguiu xogando outra partida: a do tempo, a profundidade e a comunidade. E iso, nun contexto de cansazo dixital, converteuse nunha vantaxe competitiva.

O usuario que chega a YouTube está buscando: aprender, informarse, entender mellor un tema, escoitar unha opinión con calma ou acompañarse dun contido que lle aporte valor real. Aquí non se trata de captar atención en dous segundos, senón de merecer o tempo da persoa que está ao outro lado.

Os datos de 2025 confirman esta tendencia: máis reproducións medias por vídeo e unha mellor resposta do público cando o contido está ben enfocado. Ademais, YouTube rompe con outra idea moi estendida: a de que publicar nesta plataforma require un esforzo moito maior ca noutras redes. Na práctica, moitos proxectos descubriron que adaptar contido xa existente (charlas, explicacións, entrevistas, procesos) funciona mellor que crear pezas artificiais pensadas só para cumprir cun algoritmo.

Outra das grandes fortalezas de YouTube é a súa memoria. Mentres un Reel ou un TikTok poden desaparecer en cuestión de horas, un bo vídeo en YouTube segue xerando visualizacións, interaccións e confianza meses ou incluso anos despois. Iso convérteo nunha ferramenta clave para construír autoridade, relato e posicionamento a longo prazo. (¿Non te recorda ó falado en Pinteres?)

De cara a 2026, todo indica que YouTube seguirá gañando peso como refuxio fronte ao ruído. Máis vídeo longo, máis contido explicativo, máis espazo para voces reais e menos dependencia da viralidade inmediata. Nun ecosistema dixital cada vez máis acelerado, YouTube representa algo cada vez máis escaso: tempo para contar as cousas ben.

8. Tendencias Redes Sociais 2026

Todo apunta a que 2026 será o ano no que a estratexia se converta no verdadeiro diferencial. A intelixencia artificial seguirá presente, pero deixará de ser unha vantaxe por si soa. O que marcará a diferenza será quen saiba usala con criterio, cunha voz propia e cun posicionamento claro.

En 2026:

  • LinkedIn premiará a reflexión fronte á sobrepublicación.

  • TikTok esixirá identidade fronte á copia constante.

  • Facebook consolidarase como espazo de comunidade.

  • Instagram será máis selectivo e menos indulgente.

  • Pinterest reforzará o seu papel como motor de descubrimento.

  • YouTube seguirá medrando como refuxio do contido que perdura.

9. Conclusión

Se 2025 foi o ano no que os datos confirmaron o esgotamento da cantidade, 2026 será o ano da consolidación da intención. Non gañarán os que máis publiquen, senón os que mellor pensen. Non destacarán os máis rápidos, senón os máis coherentes.

En SondeOU afrontamos 2026 cunha idea clara:
menos ruído, máis cabeza;
menos facer por facer, máis estratexia;
menos modas, máis identidade.

Porque as redes seguirán cambiando, pero unha cousa non cambia: o contido con sentido sempre acaba atopando o seu público.

Redes sociais 2025 e tendencias para 2026

Envíanos un correo e falamos

O tempo e ouro, contáctanos?

Limpeza simultánea de praias e ríos 1

Limpeza simultánea de praias e ríos 1

SondeOU organiza en Toén a limpeza simultánea do Río Miño o 10 de xaneiro ás 11:00 h. Actividade aberta ao voluntariado dentro dunha acción estatal de limpeza de ríos e praias.

O próximo sábado 10 de xaneiro ás 11:00 horas, Toén súmase á limpeza simultánea de praias e ríos, unha acción coordinada a nivel estatal que reúne colectivos ambientais e voluntariado cidadán baixo a mensaxe común “Queremos facer o cambio”.

Dentro desta convocatoria, SondeOU organiza e coordina a limpeza do Río Miño ao seu paso polo concello de Toén, cunha actividade aberta á cidadanía que terá como punto de encontro a zona de Quenlle.

1. Que é a limpeza simultánea de praias e ríos

A limpeza simultánea de praias e ríos é unha acción ambiental coordinada en todo o Estado, que se desenvolve de maneira paralela en distintos enclaves naturais costeiros e fluviais. O seu obxectivo é dobre:

  • Retirar residuos do medio natural

  • Visibilizar o impacto da contaminación e fomentar unha implicación real da cidadanía no coidado do territorio

En Galicia, esta xornada contará con limpezas en praias como Traba de Laxe, Orzán (A Coruña), Malpica, Calzoa (Vigo) ou San Amaro, así como en ríos como o Miño en Toén. Nalgunhas destas localizacións tamén haberá limpeza de fondo mariño con submarinistas voluntarios.

2. SondeOU e o seu papel na limpeza do Río Miño en Toén

A participación de SondeOU nesta iniciativa responde á súa aposta por un modelo de traballo no que comunicación, territorio e impacto social van da man. O estudo entende o deseño e a comunicación como ferramentas ao servizo do territorio e das persoas que o habitan.

No caso de Toén, SondeOU asume a organización integral da limpeza do Río Miño, encargándose da convocatoria ao voluntariado, da difusión da acción e da coordinación coa rede estatal de limpezas simultáneas.

Esta acción pretende tamén poñer en valor o Río Miño como eixo natural e patrimonial do concello, reforzando a necesidade de coidalo de maneira continuada e colectiva.

3. Voluntariado ambiental aberto á cidadanía

A limpeza do Río Miño en Toén é unha actividade gratuíta e aberta a toda a cidadanía, sen necesidade de experiencia previa. As persoas participantes só precisan acudir con roupa cómoda e calzado axeitado.

Desde a organización facilitaranse luvas e material básico para a recollida de residuos, co obxectivo de garantir unha actividade segura e correctamente organizada.

sondeou-guantes-recollida de lixo

4. Como apuntarse á limpeza do Río Miño en Toén

Para unha mellor organización da xornada, solicitamos ás persoas interesadas en participar que se apunten previamente.

As opcións para inscribirse son:

Esta inscrición previa permítenos coñecer o número aproximado de participantes e preparar o material necesario, xa que se entregarán luvas e elementos básicos para a limpeza ambiental.

Para unha mellor organización, solicitamos ás persoas interesadas que se apunten previamente por Instagram ou formulario web. Ir o formulario

5. Unha acción local cun impacto colectivo

“Queremos facer o cambio” non é só un lema, senón unha chamada á acción. A limpeza simultánea de praias e ríos demostra que pequenos xestos colectivos poden xerar grandes transformacións, activando conciencia e responsabilidade compartida.

Desde SondeOU animamos á veciñanza de Toén, da comarca e da provincia a participar nesta xornada de voluntariado ambiental e a formar parte dun movemento colectivo que aposta por un territorio máis limpo, máis coidado e máis consciente.

Envíanos un correo e falamos

O tempo e ouro, contáctanos?

Ultreia Galicia 2025

Ultreia Galicia 2025

Ultreia Galicia 2025: unha xornada de impulso ao emprendemento ligado ao territorio

O pasado 28 de novembro de 2025 participamos en Ultreia Galicia (o encontro “Emprendemento ligado ao territorio” celebrado no histórico Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense)) unha cita fundamental para o ecosistema emprendedor galego, coa ambición de poñer en valor o talento, o rural, a innovación e a capacidade transformadora das persoas e as iniciativas.

O evento serviu tamén como celebración dos 20 anos de GEM Galicia, coa presentación do seu informe especial 2024-2025.

A continuación, unha visión pormenorizada das salas, contidos e sobre todo das ideas e conclusións que máis nos marcaron.

1. Ultreia Galicia e SondeOU

SondeOU estivo presente en Ultreia Galicia 2025, o encontro de emprendemento ligado ao territorio celebrado no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. A xornada desenvolveuse de forma simultánea en tres salas (Galicia REE, Emprendemento e Innovación) cun programa intenso e variado, polo que, aínda que non foi posible asistir a todas as ponencias, fixemos un percorrido coidadoso polas que máis conexión tiñan co noso traballo e visión.

  • A Sala Galicia REE centrouse na diagnose e contexto do emprendemento galego, coa apertura institucional e a presentación do informe GEM.
  • A Sala de Emprendemento puxo o foco nos modelos de apoio, incubación e futuro dos sectores estratéxicos do territorio.
  • E a Sala Innovación fixo unha aposta por proxectos transformadores que unen creatividade, patrimonio e desenvolvemento local.

Desde SondeOU quixemos aproveitar esta oportunidade para aprender, conectar e coñecer iniciativas que, igual ca nós, traballan para impulsar unha Galicia máis creativa, emprendedora e ancorada nas súas raíces.

2. Sala Galicia REE. Diagnóstico e contexto do emprendemento galego

Saúdo institucional e apertura

A xornada arrancou cun saúdo institucional, con intervencións de representantes locais e autonómicos, que abriron o acto destacando a importancia de desempregar o rural e apoiar o talento galego dende as institucións. Ultreia Galicia

Esta parte institucional resultou relevante porque abriu o acto reforzando o compromiso público co emprendemento ligado ao territorio, visibilizando o espírito de impulso e colaboración entre administración, entidades e comunidade emprendedora.

Presentación do Informe Especial GEM Galicia 2024-2025

Un dos momentos centrais foi a presentación do informe de referencia: o do equipo GEM Galicia (liderado por Loreto Fernández e Isabel Neira). Este informe ofrece unha radiografía actualizada do emprendemento en Galicia: evolución, fortalezas, debilidades, tendencias, e sobre todo o papel clave das comarcas e do rural no desenvolvemento emprendedor.

A través destes datos, o encontro permitiu contextualizar o futuro: coñecer o estado real do emprendemento galego, identificar tendencias e sensibilizar sobre o papel das persoas emprendedoras en territorios rurais e comarcas menores.

O rural como espazo de oportunidades

De volta á sala Galicia REE, participamos tamén na mesa-debate titulada “As aldeas como espazo de oportunidade”, e na presentación de ferramentas como “Xúntate” (artigo propio) e “Ronda conecta” — que dende SondeOU xa coñecemos e sobre as que publicamos previamente. Estes espazos buscan reunir persoas, ideas, proxectos e recursos, para activar o rural desde a economía social, a creatividade, o emprendemento e a colaboración.

A convocatoria inclúe un recoñecemento aos proxectos máis destacados da rede de polos de emprendemento: unha forma de dar visibilidade ás iniciativas que traballan desde o rural, con impacto local, e poñer en valor as ideas que moitas veces non teñen cabida en ecosistemas dominados polas grandes cidades.

Esta aposta polo rural, polos proxectos de base, polo apoio local e pola economía social (tal e como promove Fundación Roberto Rivas) é unha mostra de que Galicia pode reinventarse sen deixar atrás as súas raíces.

3. Sala Emprendemento. Incubación, relevo xeracional e futuro do sector

Nesta sala asistimos a mesas fundamentais sobre como impulsar proxectos dende lugares pequenos, co territorio como valor, e como aproveitar ferramentas e redes para apoiar emprendedores. Entre os debates máis salientables:

  • Innovar para o relevo xeracional e transformar o sector de recursos naturais: un enfoque necesario no contexto galego: a Galicia rural, con vocación agrícola, forestal ou de recursos naturais, que precisa reinventarse para atraer novas xeracións e ideas innovadoras.

    • José González: Ganadería Lanzán

    • Teresa Simón: Ganadería Simval 

    • Raquel Fondevila: Nudesa

    • Carlos Moro: Bodegas Matarromera 

    • Moderadora: Vanessa Loureiro: Fundación Roberto Rivas

  • Novos vehículos de incubación e aceleración para emprendemento innovador — mesas centradas en modelos de acompañamento, apoio e aceleración de proxectos, necesarias para que as ideas sexan viables e sostenibles.

    • Nachy López: Coordinadora Turistalent / docente & mentora Turislab

    • Emma González: Emprendemento Outemal 

    • Juan Luis Vázquez: Casa de Outeiro

    • Cesáreo Pardal: Clúster Turismo

    • Belén Gómez: Turismo Termal / Agencia de Turismo de Galicia

Este tipo de debates son especialmente relevantes para o noso traballo en SondeOU, pois conflúen coas áreas nas que operamos: marca, deseño, identidade visual, comunicación, turismo cultural, e impulsan a idea de emprendemento ligado ao territorio como aposta viable e con futuro real.

Ademais, neste espazo destacou o papel da Fundación Roberto Rivas e da rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, unha infraestrutura esencial para acompañar proxectos en comarcas, ofrecer asesoramento, visibilización e recursos a emprendedores e emprendedoras. 

A rede de polos (co Polo de Ourense, O Carballiño (que traballa con nosco), Silleda, e outros distribuídos por todo Galicia) demostra que non é necesario estar nunha gran cidade para ter apoio institucional, formación, mentoría e espazos de crecemento. 

Esta aposta pola descentralización e polo emprendemento apoiado, xa con resultados, é un dos grandes activos que suceden en Galicia.

4. Sala Innovación. Creatividade, territorio e novos modelos: enoturismo e máis

Na sala de Innovación participamos na mesa “Innovar con raíz: emprendemento e experiencias transformadoras no enoturismo galego”, un espazo onde se puxeron sobre a mesa historias reais de persoas e proxectos que están a reinventar o turismo, o rural e o vínculo co territorio desde a creatividade, o deseño e a cultura.

Entre os poñentes atopábanse Iván Gómez (Regina Viarum) o que felicitamos pola estrela Michelín do restaurante da Adega, Carlos Moro (Bodegas Familiares Matarromera) e Paloma Rodríguez (Bodegas Moure – Abadía da Cova), referentes en enoturismo e en modelo de adega con identidade territorial. Foi precisamente Carlos Moro quen fixo unha reflexión que marcou a sesión e coa que conectamos directamente dende SondeOU: afirmou que “a clave de todo é marketing, marketing e marketing”, repetíndoo tres veces para subliñar o seu impacto.

Neste punto interviñemos para aportar a nosa visión. Desde SondeOU puxemos enriba da mesa que o principal reto no sector vitivinícola galego non é só que o marketing non sempre se perciba como investimento, senón a falta de unión sectorial. Comentamos que un bloque conxunto e sólido de adegas: coordinado, estratéxico e coherente, multiplica o impacto do marketing, fortalece a marca territorial e permite competir doutra maneira nos mercados turísticos e culturais. O marketing non funciona como acción illada: funciona como ecosistema e como identidade compartida.

A sesión resultou especialmente inspiradora para nós en SondeOU, xa que encarna a visión que buscamos impulsar: proxectos de identidade propia, conectados co patrimonio, co territorio, coa comunidade, cunha mirada posta no futuro e na diversificación do rural. A conversa non tratou só de turismo clásico, senón de experiencias con valor engadido, de deseño conceptual, de marca, de narrativa, de territorio que se transforma sen perder raíz.

Esta filosofía encaixa totalmente coa nosa forma de traballar e cos servizos que ofrecemos: deseño estratéxico, identidade visual, comunicación territorial e proxectos culturais con sentido.

Iván Gómez (Regina Viarum), Paloma Rodríguez (Bodegas Moure – Abadía da Cova) e Carlos Moro (Bodegas Familiares Matarromera)

Iván Gómez (Regina Viarum), Paloma Rodríguez (Bodegas Moure – Abadía da Cova) e Carlos Moro (Bodegas Familiares Matarromera)

5. O compromiso institucional e a aposta polo futuro

Un dos momentos clave da xornada foi a firma dun manifesto/compromiso no marco de Ultreia Galicia. Neste acto participaron autoridades e representantes de múltiples axentes do ecosistema emprendedor galego.

Entre as persoas que asinaban destacaron:

  • Alfonso Rueda: Presidente da Xunta de Galicia, encargado de clausurar o congreso e de anunciar a creación dunha rede de emprendemento territorial baseada na colaboración público-privada.

  • José González Vázquez: Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, que presentou o plan de emprendemento ligado ao territorio e formou parte do acto de firma.

Xunto con eles, adheríronse ao manifesto diversas entidades e colectivos do tecido emprendedor galego: a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a Universidade de Vigo, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a Fundación Juana de Vega, a Enisa e o Foro pola Economía Social Galega (Foroesgal), entre outros axentes públicos e privados.

Que se asinou?

Un manifiesto de voluntades para impulsar unha estratexia común de emprendemento ligado ao territorio en Galicia. As liñas mestres da próxima Estratexia de Emprendemento Ligado ao Territorio, que buscan consolidar os recursos existentes —como a rede de polos de emprendemento— e mellorar os mecanismos de apoio, relevo xeracional, formación e fixación de talento no medio rural.

6. Que significa para SondeOU: visión, oportunidades e próximas etapas

Para nós en SondeOU, participar en Ultreia Galicia foi moito máis que asistir a un evento: foi confirmar que a filosofía da nosa marca: territorio, identidade, cultura, deseño, emprendemento local, ten sentido, que está en sintonía co que Galicia necesita e co que moitas persoas buscan.

  • Vimos que hai un ecosistema disposto a apoiar ideas e proxectos, mesmo nas zonas rurais.

  • Confirmamos que o rural non é un lastre, senón unha oportunidade: para cultura, turismo, economía, comunidade.

  • Descubrimos que iniciativas coma as da Fundación Roberto Rivas e os Polos de Emprendemento teñen recursos e estrutura para acompañar proxectos como os teus: creativos, culturais, de turismo ou de identidade visual.

  • Comprobamos que o emprendemento en Galicia ten futuro; pero necesita visibilidade, apoio, redes e compromiso.

Isto reforza a nosa convicción de seguir traballando en:

  • Proxectos de identidade visual e comunicación para iniciativas culturais, turísticas e de patrimonio.

  • Colaboracións con entes locais, concellos, museos, entidades culturais, asociativas e iniciativas de base.

Neste novo contexto, o noso traballo cobra máis valor: podemos ofrecer unha mirada profesional, creativa e comprometida con Galicia, capaz de conectar proxectos singulares con redes de apoio, visibilidade e sostibilidade.

7. Conclusión: Ultreia Galicia, un espello do futuro galego

Ultreia Galicia demostrou que o emprendemento galego non vive só nas cidades nin na industria tradicional: vive tamén no rural, na cultura, no turismo, nas ideas innovadoras, nas persoas que queren transformarse e transformar o seu entorno.

O evento serviu como punto de encontro, de análise e de impulso. Unha chamada a recoñecer o talento e o valor do que somos, e a construír un presente e un futuro para Galicia baseado en raíz, identidade e cooperación.

Para SondeOU, foi unha xornada inspiradora, confirmatoria e chea de posibilidades. Seguimos, con orgullo e responsabilidade, traballando por proxectos que teñan impacto real, que respecten o territorio, que valoren a cultura e que poñan Galicia no centro.

Porque Galicia emprende. Galicia crece. Galicia vive dende o seu territorio.

Envíanos un correo e falamos

O tempo e ouro, contáctanos?

Que é XúntaTe? 1

Que é XúntaTe? 1

Descubre que é XúntaTe Galicia, a plataforma galega que conecta emprendedores, colaboradores e investidores. Aprende como funciona, para que serve e como pode axudar ao teu proxecto.

Se estás investigando que é XúntaTe, seguramente teñas interese en emprender, colaborar ou conectar con profesionais en Galicia. Esta nova plataforma converteuse nos últimos meses nun punto de encontro imprescindible para persoas con ideas, proxectos e talento en busca de aliados.
Neste artigo explico como funciona XúntaTe, para que serve e por que é unha ferramenta clave no ecosistema innovador galego.

Desde SondeOU®, o meu estudo creativo especializado en identidade, marca e territorio, apoiamos e participamos activamente en proxectos que fortalezcan o emprendemento galego. Por iso elaboro esta guía: para axudar a máis xente a entender o potencial desta plataforma e impulsar o seu uso.

1. Que é XúntaTe?

XúntaTe é unha plataforma dixital galega deseñada para conectar emprendedores, profesionais, colaboradores e investidores que queiran participar en proxectos con potencial.
Funciona como un espazo de “match profesional”, onde cada persoa pode atopar perfís compatibles cos seus intereses, necesidades ou capacidades.

É, en esencia, un punto de unión entre ideas que buscan forma e talento que busca proxecto.

Podes entrar directamente aquí: 👉 https://xuntate.gal/

2. Como funciona XúntaTe Galicia?

O sistema está pensado para ser rápido e intuitivo:

1. Rexistro e creación de perfil

Podes escoller entre ser:

  • emprendedor/a
  • colaborador/a
  • investidor/a

2. Explora perfís compatibles

O algoritmo móstrache proxectos ou persoas con intereses afíns.

3. Marca se che interesa ou non

Funciona de forma semellante ás apps de conexión profesional ou colaborativa.

4. Se hai interese mutuo, hai match

Neste punto habilítase o chat interno.

5. Comeza a colaboración real

É aquí onde XúntaTe mostra o seu auténtico valor:

  • primeiras reunións

  • definición de roles

  • achega de ideas

  • creación de equipos

  • busca de investimento

É unha ferramenta pensada para que o talento galego se encontre sen barreiras.

3. Para que serve realmente XúntaTe?

XúntaTe busca resolver unha necesidade moi evidente no panorama actual:
moitas ideas non avanzan porque non atopan as persoas axeitadas coas que conectar.

Estas son algunhas das utilidades máis importantes:

    • Validación de ideas con profesionais doutros sectores.

    • Atopar socios estratéxicos para emprender en Galicia.

    • Conectar con colaboradores en deseño, deseño web, redes sociais, UX/UI, programación, comunicación, vídeo, etc.

    • Buscar investimento para proxectos con potencial real.

    • Participar en proxectos culturais, sociais, tecnolóxicos e creativos.

    • Crear unha rede profesional galega sólida, accesible e enfocada no territorio.

Para un estudo creativo como SondeOU®, isto significa un ecosistema onde proxectos con marca e identidade sólida poden atopar aliados para medrar.

4. Quen debería usar XúntaTe?

A plataforma está dirixida principalmente a:

  • Emprendedores/as

Persoas que teñen unha idea, un proxecto en marcha ou unha iniciativa que precisa reforzo.

  • Profesionais e colaboradores/as

Que poden aportar guías, contactos ou visión estratéxica aos proxectos.

  • Investidores/as e mentores/as

Que buscan proxectos con potencial en Galicia, e prefiren un ecosistema local e con impacto.

5. A importancia de engadir SondeOU® á túa rede de contactos en XúntaTe

Engadir SondeOU® á túa rede dentro de XúntaTe é unha decisión estratéxica que pode aportar valor inmediato ao teu proxecto. Estas son algunhas das vantaxes clave:

1. Visión profesional de marca e identidade

Moitos proxectos fracasan non pola idea, senón por non ter unha identidade clara, coherente e competitiva. Desde SondeOU® axudo a definir:

  • nome da marca

  • identidade visual

  • comunicación

  • ton e narrativa

  • estratexia de posicionamento

Estes elementos son fundamentais para convencer colaboradores, clientes e investidores.

2. Experiencia en contidos, redes sociais e difusión

Un proxecto que non comunica, non existe.
Co apoio de SondeOU® podes potenciar:

  • mensaxes clave

  • contidos profesionais

  • presenza en redes

  • campañas de lanzamento

  • difusión de marca

3. Especialización en talento e territorio galego

A filosofía de SondeOU® está profundamente vinculada a Galicia: cultura, creatividade, profesionais locais, identidade territorial.
Se o teu proxecto tamén ten raíces galegas, esta conexión multiplica o impacto.

4. Acompañamento estratéxico

A través de XúntaTe podes contactar directamente comigo para:

  • revisar o teu proxecto

  • analizar a túa identidade

  • mellorar a túa presentación

  • preparar material para investidores

  • reforzar a túa marca antes de saír ao público

É un valor engadido que poucas plataformas poden ofrecer con tanta proximidade.

6. Por que XúntaTe é tan importante para o ecosistema galego?

Galicia está nun momento clave: hai talento, hai innovación, hai proxectos e hai vontade de emprender. O que faltaba era unha ferramenta que permitise:

  • conectar persoas rapidamente

  • romper illamentos xeográficos

  • crear redes reais de colaboración

  • unir talento disperso

  • impulsar proxectos con impacto local

XúntaTe fai todo isto posible, e faino cunha perspectiva cento por cento galega.

Para estudos como SondeOU®, é unha oportunidade para dar visibilidade ás marcas galegas, fortalecer o tecido emprendedor e conectar proxectos con personalidade propia.

7. Conclusión: XúntaTe é unha oportunidade real para quen quere crear e emprender en Galicia

Se tes unha idea, buscas talento ou queres formar parte dun proxecto innovador, XúntaTe é unha ferramenta que deberías incorporar ao teu día a día.

Podes rexistrarte e comezar aquí:
👉 https://xuntate.gal/

E se queres fortalecer a túa marca e dotar o teu proxecto dunha identidade profesional, agrega tamén SondeOU® á túa rede: colaboración, visión e estratexia nun mesmo punto de contacto.

Envíanos un correo e falamos

O tempo e ouro, contáctanos?