SondeOU

En SondeOU cremos que o deseño é unha lingua. Unha que fala de quen somos, do que nos representa e de como queremos conectar co mundo. Somos un estudo de deseño gráfico en Ourense que combina comunicación visual, cultura e identidade para axudar ás marcas galegas a falar, existir e conectar.

O noso obxectivo é claro: facer que a túa marca conte, emocione e se lembre. Desde o rural, con xeito, retranca e unha ollada que vai do local ao global.

1. Un estudo de deseño gráfico en Ourense

Somos un estudo pequeno, pero con moita alma. O noso nome, SondeOU, xorde de “son de Ou”, porque nacemos no corazón do rural ourensán, primeiro na Ribeira Sacra e agora en Puga (Toén). Dende aquí, conectamos tradición e modernidade para crear identidades visuais con alma galega. Sabemos o que é ser o peixe pequeno, sabemos conectar có público, priorizamos as metas antes que o propio deseño, porque o deseño é unha ferramenta para lograr obxectivos. Contamos as historias das marcas, buscamos o punto diferenciardor, buscamos o que te fará destacar. Somos flexibles, entregados e rectos.

Cada proxecto é unha conversa, unha historia contada con tipografía, cor, textura e emoción. Queremos que as marcas coas que traballamos namoren á súa clientela e deixen pegada.

Traballamos desde Puga (Toén, Ourense), entre soutos e carballos, cun pé na terra e outro no mundo dixital. A nosa esencia é galega: próxima, honesta, con personalidade.
En SondeOU valoramos o proceso tanto como o resultado. Por iso, acompañámoste paso a paso para que o teu proxecto teña sentido, coherencia e impacto real.

2. O noso proceso: as cousas ben feitas, ben parecen

Cremos que o éxito dun proxecto está no proceso.
Por iso seguimos un método propio con 10 fases que van desde o primeiro contacto ata a formación final: reunións, orzamento, brief, entregas e acompañamento.
O obxectivo é que te sintas parte de cada decisión, que coñezas o porqué de cada cambio e que o resultado final reflicta quen es.

  • Reunímonos contigo, coñecemos o teu proxecto e estudamos o mellor camiño.
  • Elaboramos unha proposta visual e estratéxica.
  • Axustamos, entregamos e formámoste para que poidas continuar coa túa marca.

Podes coñecer o proceso completo na sección 👉 SondeOU > Proceso.

3. Colabora con SondeOU e medremos xuntos

Se tes unha idea, un estudo ou unha axencia e queres sumar forzas, colabora con nós.
En SondeOU traballamos con profesionais de comunicación, deseño, fotografía e cultura que buscan proxectos con sentido e valores compartidos.

Podes externalizar servizos, propoñer colaboracións, traer clientes ou participar en accións con compromiso social.
Porque traballar en rede é o que nos fai crecer.

4. SonCultura: activando o patrimonio galego

Dentro de SondeOU nace SonCultura, un proxecto para dar vida ao noso patrimonio a través do deseño, a comunicación e a tecnoloxía.
Colaboramos con concello, asociacións e espazos culturais para crear experiencias que conecten co público de hoxe sen esquecer quen fomos.

Desenvolvemos:

  • Identidades visuais para museos e espazos culturais.

  • Estratexias de difusión e activación.

  • Webs e microsites para rutas, exposicións e festas.

  • Propostas audiovisuais e campañas culturais.

Porque o patrimonio galego non pode quedar calado.

5. Servizos: marca, web e redes sociais

En SondeOU adaptamos cada proxecto á túa realidade.
Ofrecemos packs flexibles e orzamentos personalizados en tres áreas principais:

  • Marca: Creación ou renovación de identidade visual, logotipos, manuais de marca e impresións.
  • Web: Deseño de webs e tendas online adaptadas ao teu estilo e público.
  • Redes Sociais: Xestión, estratexia e creación de contido para facer que a túa marca viva nas redes.

Porque deseñar unha marca é moito máis que facer un logotipo: é crear unha historia que se recoñeza e se lembre.

6. Por que SondeOU?

Porque sabemos de onde vimos e cara a onde imos.
Porque cremos nas marcas galegas e na súa capacidade para inspirar.
E porque entendemos o deseño como unha ferramenta para transformar o territorio, a cultura e as persoas.

💬 SondeOU é deseño gráfico galego con xeito, raíces e visión global.
Aquí, cada marca fala, existe e conecta.

Séguenos en LinkedIn para máis contido.

Envíanos un correo e falamos

O tempo e ouro, contáctanos?