Limpeza simultánea de praias e ríos 1

Limpeza simultánea de praias e ríos 1

SondeOU organiza en Toén a limpeza simultánea do Río Miño o 10 de xaneiro ás 11:00 h. Actividade aberta ao voluntariado dentro dunha acción estatal de limpeza de ríos e praias.

O próximo sábado 10 de xaneiro ás 11:00 horas, Toén súmase á limpeza simultánea de praias e ríos, unha acción coordinada a nivel estatal que reúne colectivos ambientais e voluntariado cidadán baixo a mensaxe común “Queremos facer o cambio”.

Dentro desta convocatoria, SondeOU organiza e coordina a limpeza do Río Miño ao seu paso polo concello de Toén, cunha actividade aberta á cidadanía que terá como punto de encontro a zona de Quenlle.

1. Que é a limpeza simultánea de praias e ríos

A limpeza simultánea de praias e ríos é unha acción ambiental coordinada en todo o Estado, que se desenvolve de maneira paralela en distintos enclaves naturais costeiros e fluviais. O seu obxectivo é dobre:

  • Retirar residuos do medio natural

  • Visibilizar o impacto da contaminación e fomentar unha implicación real da cidadanía no coidado do territorio

En Galicia, esta xornada contará con limpezas en praias como Traba de Laxe, Orzán (A Coruña), Malpica, Calzoa (Vigo) ou San Amaro, así como en ríos como o Miño en Toén. Nalgunhas destas localizacións tamén haberá limpeza de fondo mariño con submarinistas voluntarios.

2. SondeOU e o seu papel na limpeza do Río Miño en Toén

A participación de SondeOU nesta iniciativa responde á súa aposta por un modelo de traballo no que comunicación, territorio e impacto social van da man. O estudo entende o deseño e a comunicación como ferramentas ao servizo do territorio e das persoas que o habitan.

No caso de Toén, SondeOU asume a organización integral da limpeza do Río Miño, encargándose da convocatoria ao voluntariado, da difusión da acción e da coordinación coa rede estatal de limpezas simultáneas.

Esta acción pretende tamén poñer en valor o Río Miño como eixo natural e patrimonial do concello, reforzando a necesidade de coidalo de maneira continuada e colectiva.

3. Voluntariado ambiental aberto á cidadanía

A limpeza do Río Miño en Toén é unha actividade gratuíta e aberta a toda a cidadanía, sen necesidade de experiencia previa. As persoas participantes só precisan acudir con roupa cómoda e calzado axeitado.

Desde a organización facilitaranse luvas e material básico para a recollida de residuos, co obxectivo de garantir unha actividade segura e correctamente organizada.

sondeou-guantes-recollida de lixo

4. Como apuntarse á limpeza do Río Miño en Toén

Para unha mellor organización da xornada, solicitamos ás persoas interesadas en participar que se apunten previamente.

As opcións para inscribirse son:

Esta inscrición previa permítenos coñecer o número aproximado de participantes e preparar o material necesario, xa que se entregarán luvas e elementos básicos para a limpeza ambiental.

Para unha mellor organización, solicitamos ás persoas interesadas que se apunten previamente por Instagram ou formulario web. Ir o formulario

5. Unha acción local cun impacto colectivo

“Queremos facer o cambio” non é só un lema, senón unha chamada á acción. A limpeza simultánea de praias e ríos demostra que pequenos xestos colectivos poden xerar grandes transformacións, activando conciencia e responsabilidade compartida.

Desde SondeOU animamos á veciñanza de Toén, da comarca e da provincia a participar nesta xornada de voluntariado ambiental e a formar parte dun movemento colectivo que aposta por un territorio máis limpo, máis coidado e máis consciente.

Envíanos un correo e falamos

O tempo e ouro, contáctanos?

PECADOS

PECADOS

Evento de SondeOU:

Unha experiencia de Samaín en espazo Axacia

No corazón de Puga (Toén), a casa Axacia abre as súas portas para converterse nun escenario de medo, lendas e escuridade.
Este Samaín, mergúllate nun percorrido único polo interior da casa, onde os sete pecados cobran vida entre sombras, cadeas e voces esquecidas.

Unha experiencia inmersiva de 15 a 20 minutos que non esquecerás facilmente.

1. Datas e entradas

Entradas 5€ en taquilla e entrarase por orden de chegada ou pódese reservar e facer o pago a partir do día 13 de Outubre (máis info no apartado COMPRAR PASE ó final deste artigo). 

Preventas de entradas no mesmo lugar unha hora antes, pecharase taquilla as 23:00 o 31 e 1, e o domingo 2 pecharase taquilla ás 20:30.

  • Venres 31 de Outubro dende as 22:30 as 02:00
  • Sábado 1 de Novembro dende as 22:00 as 02:00
  • Domingo 2 de Novembro dende as 19:00 as 22:30

Día especial para censados en Puga, Toén: O 25 de Outubro será gratis para os nosos veciños censados en Puga pero se alguén quere facer donativo aceptarase e se alguén o finde do Samaín non pode vir e pode o 25, terase que por en contacto con SondeOU polo Instagram de SondeOU ou polo correo sondeoustudio@gmail.com

 

  • Sábado 25 de Outubro dende as 22:00 as 12:00 de balde para censados en Puga e convidados.

2. Idades

A experiencia está pensada só para maiores de 18 anos, debido ao seu contido e ó obxetivo do evento.

3. Lugar

En espazo Axacia en Barrio O Pazo 17, Puga, Concello de Toén.

4. Plan

PECADOS é unha experiencia de Samaín creada por SONDEOU® xunto con Axacia® (séguea para máis información) , unha casa de 1935 situada en Puga (Toén) que volve cobrar vida para revelar as súas lendas máis escuras. Trátase dun percorrido inmersivo de 15 a 20 minutos, no que os visitantes coñecerán as historias dos espíritos encadeados á casa e as razóns polas que quedaron atrapados.

👉 A actividade realízase en grupos de máximo 6 persoas, que terán acceso a un photocall temático e contarán cunha guía durante todo o percorrido.

E ti… ¿pecarás tamén? ¿Poderás saír ou quedarás para sempre entre estas paredes?

Un xogo entre o medo e a memoria, deseñado por SondeOU Estudo, un proxecto creativo especializado en identidade, deseño e experiencias culturais.

Unha creación conxunta de SONDEOU® e AXACIA

5. Aviso legal

  • A asistencia a PECADOS implica a aceptación destas condicións.

  • O organizador non se fai responsable de calquera accidente, lesión, perda, roubo ou dano que poidan sufrir as persoas asistentes ou os seus bens durante o evento.

  • O uso de teléfonos móbiles, cámaras ou dispositivos de gravación está totalmente prohibido no interior do espazo.

  • A actividade non é recomendable para persoas con problemas cardíacos, respiratorios, de saúde mental ou con mobilidade reducida.

  • O acceso só está permitido a maiores de 18 anos.

  • Prohíbese a entrada con bebidas alcohólicas, drogas ou obxectos perigosos.

  • Durante a experiencia poderán realizarse gravacións audiovisuais e fotografías con fins promocionais; a asistencia implica a autorización tácita para o seu uso.

  • A organización resérvase o dereito de admisión e de interromper a actividade se se incumpren as normas establecidas.

6. Deseñamos experiencias que deixan pegada

PECADOS é só un exemplo do que podemos facer. En SONDEOU® Estudo especializámonos en identidade, deseño e experiencias culturais que conectan co público e fan que as marcas, espazos ou eventos brillen con forza propia.

Se queres crear un proxecto único, que conte a túa historia e sorprenda ao teu público, falemos.

👉 Descobre máis en: www.sondeou.studio

SONDEOU® — deseño con raíz, ideas con alma.

7. Sorteo Pecados

Queres vivir a experiencia máis escura deste Samaín?
Sorteamos 6 entradas para vir con todo o teu grupo a PECADOS, o tour de medo de Samaín en Axacia (Puga, Toén).

Para participar:

  1. Segue as contas @sondeou e @axacia_gal
  2. gústame a publicación en Instagram que leve este texto.
  3. Comenta etiquetando ás 5 persoas coas que virías
  4. Comparte esta publicación nas túas Historias

📅 Podes participar ata o 25 de outubro ás 23:59 h.
📢 O gañador/a anunciarase o 26 de outubro en Stories e nesta publicación.

 

Aviso legal

  • Sorteo válido só en Instagram.

  • Premio: 6 entradas (un único grupo) para a experiencia PECADOS – Samaín 2025 en Casa Axacia, Puga (Toén) (31 outubro, 1 e 2 novembro).

  • Non se entregará o valor económico equivalente nin se trocará por outro servizo.

  • O gañador/a terá que facilitar nome e apelidos para a reserva.

  • A organización resérvase o dereito de invalidar participacións falsas ou fraudulentas.

  • Este sorteo non está patrocinado, avalado nin administrado por Instagram.

  • A experiencia está restrinxida a menores de 18 anos.

8. COMPRAR PASE

As entradas para PECADOS abriranse o luns 13 de outubro ás 14:00 h.
Cada pase ten un prezo de 5 €.

Podes conseguilos de dúas maneiras

1. Compra presencial

O mesmo día do evento, poderás mercar as túas entradas directamente no espazo AXACIA (Puga, Toén), antes do comezo do percorrido.

2. Compra telemática (dende o 13 de outubro ás 14:00 h)

  1. Envía un WhatsApp ao seguinte número: +34629163901. Indica:
  • Cantidade de entradas (máx. 6 por persoa/DNI)

  • Día escollido para asistir

  1. Enviaremos unha resposta solicitándoche o DNI (necesario para vincular o grupo).
    Se queres máis de 6 entradas, precisarás outro DNI para facer unha segunda compra.
  2. Realiza o pago por Bizum ao mesmo número de teléfono.
    Se o prefires, tamén che facilitaremos un número de conta bancaria para facer transferencia.
  3. No concepto do Bizum ou da transferencia escribe o teu DNI.
    Recibirás por WhatsApp os teus pases nun prazo máximo de 24 horas.

Se precisas factura, avísanos no momento da compra.

O día do tour, leva o teu DNI — será necesario para acceder ao recinto.
🔞 Lembra que a actividade é só para maiores de 18 anos.

Datas e pases dispoñibles

  • Venres, 31 de outubro, dende as 22:00 h → 96 pases dispoñibles

  • Sábado, 1 de novembro, dende as 22:00 h → 96 pases dispoñibles

  • Domingo, 2 de novembro, dende as 19:00 h → 84 pases dispoñibles

Día especial para veciños/as de Puga (Toén)

Venres, 25 de outubro, de 22:00 a 00:00 h

Entrada de balde para as persoas censadas en Puga e convidadas.
Se queres facer un pequeno donativo, aceptarase con agradecemento.

Se algún/ha veciño/a non pode asistir no Samaín pero si o día 25, deberá contactar previamente con SondeOU:
📩 sondeoustudio@gmail.com
📲 ou por mensaxe directa en Instagram


Unha experiencia deseñada por SONDEOU® e AXACIA®.

E ti, es de aquí ou vés ao evento?

Se tes algunha dúbida, contáctanos