Redes sociais 2025: que funcionou, que non e que esperar en 2026
Durante anos instalouse a idea nas redes sociais: canto máis publiques, mellor. Máis formatos, máis frecuencia e máis presenza. Porén, os datos de 2025 veñen desmontar esa lóxica. As plataformas están máis saturadas ca nunca e as audiencias máis cansas. O resultado é claro: hai máis contido, pero menos impacto por publicación.
O último estudo anual de Metricool baseado na análise de millóns de publicacións, confirma algo que desde SondeOU levamos tempo vendo no traballo diario con marcas, negocios e proxectos locais: as redes non están mortas; o que está morto é publicar sen criterio.
Imos contarcho con máis tino qué pasou cás redes máis coñecidas. Recorda comentar e contarnos cal é a túa opinión.
Índice
- 1. LinkedIn: máis contido, menos visibilidade
- 2. TikTok: segue forte, pero máis competitivo
- 3. Facebook: o gran mal entendido
- 4. Perfil de Empresa en Google: visibilidade que converte
- 5. Instagram: saturación e esixencia máxima
- 6. Pinterest: constancia e longo percorrido
- 7. YouTube: o regreso do contido que perdura
- 8. Tendencias Redes Sociais 2026
- 9. Conclusión
1. LinkedIn: máis contido, menos visibilidade
LinkedIn segue medrando como plataforma profesional, especialmente en sectores B2B. En 2025 aumentaron tanto o número de contas activas como a frecuencia de publicación, pero as impresións por post caeron arredor dun 23 %.
Este dato marca un punto de inflexión. Publicar a diario xa non garante visibilidade nin interacción. Pola contra, o algoritmo parece premiar cada vez máis o contido con reflexión, experiencia e punto de vista propio. Unha publicación semanal ben traballada, con intención clara e mensaxe útil, adoita ter mellor rendemento ca unha cadea de publicacións rápidas xeradas por rutina ou automatización excesiva.
A IA pasa factura. Moitos usuarios estanse a queixar de que todo o mundo ten o mesmo ton, que as contestacións teñen o mesmo formato, que todo parece que o conta a mesma persoa; se ademáis engadimos a repeticións de post ou temas, as visualizacións caens. Resulta que antes subíamos menos contido pero estaba millor pensado. Máis calidade, menos cantidade. Máis humanos, menos máquinas.
En 2026, LinkedIn será unha rede cada vez máis selectiva. A sobrepublicación e o contido xerado sen reflexión perderán visibilidade, mentres que gañarán peso as publicacións con experiencia real, punto de vista propio e coñecemento aplicable. O algoritmo tenderá a premiar a calidade por riba da frecuencia, facendo que publicar menos pero mellor sexa unha estratexia máis efectiva ca nunca. Será un espazo clave para quen teña algo que contar dende a práctica, non dende o manual.
2. TikTok: segue forte, pero máis competitivo
TikTok continúa sendo unha das redes con maior capacidade de alcance, pero en 2025 baixaron as reproducións medias por vídeo. Isto non indica unha perda de interese da plataforma, senón unha consecuencia directa do seu éxito: hai moito máis contido e moitos máis actores competindo polo mesmo espazo.
En TikTok xa non abonda con seguir tendencias ou repetir fórmulas. A creatividade, a identidade de marca e a coherencia co público son cada vez máis determinantes. Sen estratexia, o contido pérdese no fluxo. Se fas o mesmo que os demáis pode que te vexan pero non se van quedar contigo. O importate é sempre ser pregnante.
En 2026 todo apunta a que TikTok seguirá sendo relevante, pero con menos tolerancia ao contido repetido e ás tendencias copiadas sen adaptación. A plataforma manterá o seu potencial de alcance, pero só para quen constrúa unha identidade clara e unha relación real coa súa audiencia. O improvisado irá perdendo peso fronte ao contido pensado, coherente e recoñecible. TikTok seguirá funcionando, pero xa non para todo o mundo nin de calquera xeito.
3. Facebook: o gran mal entendido
Durante anos falouse de Facebook como dunha rede en declive, pero os datos din o contrario. En 2025 o alcance medio das publicacións aumentou máis dun 50 %. Facebook funciona, especialmente para proxectos que traballan comunidade, proximidade e constancia. Se tes unha asociación, un grupo, comercio local ou fundación, iste é teu sitio.
En 2026, Facebook afastarase aínda máis da lóxica da viralidade e consolidarase como unha rede de relación e comunidade. Negocios locais, entidades culturais e institucións atopan aquí unha canle sólida para manter relación co seu público. Non é unha rede de modas, senón de vínculo. Ben traballada, responde. As marcas que traballen Facebook con constancia, contido útil e enfoque humano atoparán unha audiencia fiel, aínda que non masiva. Menos foco no impacto inmediato e máis no vínculo sostido.
4. Perfil de Empresa en Google: visibilidade que converte
Un dos crecementos máis significativos de 2025 produciuse no Perfil de Empresa en Google, con aumento nas reservas e nas interaccións. Para negocios locais, esta ferramenta segue sendo clave.
Mentres moitas marcas centran todos os esforzos nas redes sociais, Google continúa sendo ese espazo onde a intención de compra é real. Un perfil optimizado, actualizado e coidado pode marcar a diferenza entre aparecer ou non no momento decisivo.
Busca valoracións dos teus clientes, traballa o posicionamento para que non só Google te recomende, tamén a IA.
De cara a 2026, o Perfil de Empresa en Google reforzará o seu papel como unha das ferramentas máis importantes para negocios locais. Nun contexto de saturación publicitaria, a confianza será determinante, e Google seguirá sendo o espazo onde a intención do usuario é máis clara. Ter un perfil coidado, activo e actualizado non será unha opción, senón unha necesidade para competir. Menos storytelling e máis utilidade real.
5. Instagram: saturación e esixencia máxima
Instagram é a plataforma onde máis se nota a saturación. En 2025 caeu o alcance, especialmente nos Reels. Hai máis contas, máis publicacións e máis formatos, pero menos marxe para destacar.
Isto obriga a tomar decisións: non todo contido merece ser publicado, nin todas as marcas necesitan estar activas a diario. A coherencia visual, o relato e a calidade pesan máis ca a frecuencia. Instagram xa non regala atención. Aquí necesitamos branding, potenciar a imaxe de marca, buscar a necesidade do noso público para darlle o que realmente o activa. É moi importante analizar os datos e ver qué funciona e que non.
Instagram continuará endurecendo o seu ecosistema en 2026. O alcance orgánico seguirá sendo limitado e o algoritmo será cada vez máis selectivo co contido sen proposta clara. As marcas que funcionen serán aquelas capaces de construír un relato coherente, cunha identidade visual sólida e unha mensaxe recoñecible. Publicar por rutina deixará de ter sentido; cada publicación terá que xustificarse por valor, non por calendario.
6. Pinterest: constancia e longo percorrido
Pinterest segue xogando noutra liga. Non busca viralidade inmediata, senón descubrimento e inspiración. A súa audiencia é máis tranquila, máis amable e os contidos teñen unha vida útil moito máis longa ca noutras redes. Sempre están ahí os Pins, coma recurso polo que sempre están funcionando.
Para marcas que traballan produto, identidade ou contido evergreen, Pinterest é unha aposta estratéxica a medio e longo prazo que require planificación, pero ofrece estabilidade. Se eres artesano, fotógrafo, decorador, viaxas, escritor de citas… sen dúbidas, Pinterest é a túa ferramenta.
En 2026, Pinterest manterá o seu papel como rede de descubrimento e planificación, afastada do ruído doutras plataformas. Non será unha rede de crecementos rápidos, pero si un espazo estable para proxectos que pensen a longo prazo. O contido ben estruturado, útil e atemporal seguirá tendo percorrido, facendo de Pinterest unha boa aliada para marcas que prioricen intención, inspiración e tráfico de calidade fronte á viralidade efémera.
7. YouTube: o regreso do contido que perdura
Durante anos falouse de YouTube como unha plataforma “difícil”, “lenta” ou reservada só para grandes creadores. Pero 2025 demostrou xusto o contrario. YouTube foi unha das redes que mellor resistiu a saturación xeral das redes sociais e, máis aínda, unha das que máis medrou en reproducións por vídeo.
Mentres outras plataformas apostaron por acelerar o consumo ata o extremo (vídeos cada vez máis curtos, máis rápidos e máis esquecibles), YouTube seguiu xogando outra partida: a do tempo, a profundidade e a comunidade. E iso, nun contexto de cansazo dixital, converteuse nunha vantaxe competitiva.
O usuario que chega a YouTube está buscando: aprender, informarse, entender mellor un tema, escoitar unha opinión con calma ou acompañarse dun contido que lle aporte valor real. Aquí non se trata de captar atención en dous segundos, senón de merecer o tempo da persoa que está ao outro lado.
Os datos de 2025 confirman esta tendencia: máis reproducións medias por vídeo e unha mellor resposta do público cando o contido está ben enfocado. Ademais, YouTube rompe con outra idea moi estendida: a de que publicar nesta plataforma require un esforzo moito maior ca noutras redes. Na práctica, moitos proxectos descubriron que adaptar contido xa existente (charlas, explicacións, entrevistas, procesos) funciona mellor que crear pezas artificiais pensadas só para cumprir cun algoritmo.
Outra das grandes fortalezas de YouTube é a súa memoria. Mentres un Reel ou un TikTok poden desaparecer en cuestión de horas, un bo vídeo en YouTube segue xerando visualizacións, interaccións e confianza meses ou incluso anos despois. Iso convérteo nunha ferramenta clave para construír autoridade, relato e posicionamento a longo prazo. (¿Non te recorda ó falado en Pinteres?)
De cara a 2026, todo indica que YouTube seguirá gañando peso como refuxio fronte ao ruído. Máis vídeo longo, máis contido explicativo, máis espazo para voces reais e menos dependencia da viralidade inmediata. Nun ecosistema dixital cada vez máis acelerado, YouTube representa algo cada vez máis escaso: tempo para contar as cousas ben.
8. Tendencias Redes Sociais 2026
Todo apunta a que 2026 será o ano no que a estratexia se converta no verdadeiro diferencial. A intelixencia artificial seguirá presente, pero deixará de ser unha vantaxe por si soa. O que marcará a diferenza será quen saiba usala con criterio, cunha voz propia e cun posicionamento claro.
En 2026:
-
LinkedIn premiará a reflexión fronte á sobrepublicación.
-
TikTok esixirá identidade fronte á copia constante.
-
Facebook consolidarase como espazo de comunidade.
-
Instagram será máis selectivo e menos indulgente.
-
Pinterest reforzará o seu papel como motor de descubrimento.
-
YouTube seguirá medrando como refuxio do contido que perdura.
9. Conclusión
Se 2025 foi o ano no que os datos confirmaron o esgotamento da cantidade, 2026 será o ano da consolidación da intención. Non gañarán os que máis publiquen, senón os que mellor pensen. Non destacarán os máis rápidos, senón os máis coherentes.
En SondeOU afrontamos 2026 cunha idea clara:
menos ruído, máis cabeza;
menos facer por facer, máis estratexia;
menos modas, máis identidade.
Porque as redes seguirán cambiando, pero unha cousa non cambia: o contido con sentido sempre acaba atopando o seu público.
Envíanos un correo e falamos
