.
SonCultura: conectando tradición, historia e comunidade
Hai mosteiros que gardan segredos, festas que resisten no esquecemento e historias que só viven nas voces dos máis maiores. En SondeOU creamos pontes entre o pasado e o futuro: activamos proxectos culturais con deseño, comunicación e tecnoloxía. Poñemos en valor o que nos fai únicos.
Porque o noso patrimonio non pode quedar calado.
Se coñeces un espazo, unha tradición ou unha historia que merece espertar…
Dinamizando o patrimonio cultural local
Un servizo de activación cultural para concellos, asociacións, empresas e espazos singulares.
SonCultura é a liña de SondeOU centrada en proxectos culturais: museos locais, rutas patrimoniais, festivais, tradicións, arquivos, colectivos e espazos que precisan identidade, visibilidade e impacto.
Traballamos co rural e co urbano, desde a raíz da historia ata os novos formatos de difusión.
Axudamos a transformar o valor cultural en proxectos vivos, útiles e participativos.
.
Identidade visual para espazos e proxectos culturais (logotipos, rótulos, carteis...)
Deseño gráfico para exposicións, paneis, sinalética, mapas... (dixital e impresión)
Webs e microsites para museos, rutas ou festas. Publicidade dixital.
Estratexias de comunicación e difusión cultural. Ca mente no público obxectivo.
Propostas de activación: eventos, campañas, experiencias...
Contidos audiovisuais e dixitais: vídeos, redes, documentación
SonCultura na Bitácora
Que é XúntaTe? 1
Descubre que é XúntaTe Galicia, a plataforma galega que conecta emprendedores, colaboradores e...
PECADOS
Evento de SondeOU: Unha experiencia de Samaín en espazo AxaciaNo corazón de Puga (Toén), a casa...
Unha marca con historia vende moito máis
Contar quen es e de onde vés é unha ferramenta estratéxica para conectar co teu público e destacar...
Envíanos un correo e falamos



