Un deseñador. Punto. Non o teu curmán, nin a IA, nin o do bar.
Por que un deseñador e non outra persoa?
Porque un logotipo non é só un debuxiño bonito cun nome enriba. É a cara da túa marca. E ti queres que a túa marca dea boa impresión, non?
Pois para iso fai falta alguén que sepa o que fai. Alguén que estude deseño, que entenda de formas, cores, tipografías, usos, formatos, reproducións, impresións, pantallas e mesmo da vida. Un profesional, vaia.
Que pasa cando llo encargas a quen non sabe?
Pasa isto:
-
Tes un logotipo que se ve ben nun folio, pero non nun móbil.
-
Non sabes cal é a versión en branco para a camiseta negra.
-
Mandas imprimir e o da imprenta che di: “isto vén en .jpg, non tes vectorial?”
-
A letra xa non se le a partir de 5 cm.
-
Ou directamente… é igualiño ó dun taller de neumáticos de Cuenca.
E cando cho fai un/ha deseñador/a?
-
Tes unha identidade feita á medida do teu proxecto.
-
Funciona en redes, nun cartel, nunha tenda online ou nun tractor.
-
Inclúe versións, cores, arquivos, manual e criterio.
-
Transmite o que ti queres dicir, mesmo cando ti non sabes dicilo.
Pero… vale a pena gastar nisto?
Depende. Queres que te tomen en serio ou prefires que pensen que o teu negocio o montaches nunha tarde de choiva?
Un logotipo ben feito é unha inversión que se nota, se sente e se agradece.
En resumo
O logotipo faio quen sabe. E se o queres facer ben, en SondeOU estamos listos para darlle forma ao que tes na cabeza (e que pareza profesional, non un garabato de Paint).
Envíanos un correo e falamos
O tempo e ouro, contáctanos?
Máis Bitácora
Redes sociais 2025 e tendencias para 2026
Redes sociais 2025: que funcionou, que non e que esperar en 2026Durante anos instalouse a idea nas redes sociais: canto máis publiques, mellor. Máis formatos, máis frecuencia e máis presenza. Porén, os datos de 2025 veñen desmontar esa lóxica. As plataformas están...
Limpeza simultánea de praias e ríos 1
SondeOU organiza en Toén a limpeza simultánea do Río Miño o 10 de xaneiro ás 11:00 h. Actividade aberta ao voluntariado dentro dunha acción estatal de limpeza de ríos e praias.O próximo sábado 10 de xaneiro ás 11:00 horas, Toén súmase á limpeza simultánea de praias e...
Ultreia Galicia 2025
Ultreia Galicia 2025: unha xornada de impulso ao emprendemento ligado ao territorioO pasado 28 de novembro de 2025 participamos en Ultreia Galicia (o encontro “Emprendemento ligado ao territorio” celebrado no histórico Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil...



