Un deseñador. Punto. Non o teu curmán, nin a IA, nin o do bar.
Por que un deseñador e non outra persoa?
Porque un logotipo non é só un debuxiño bonito cun nome enriba. É a cara da túa marca. E ti queres que a túa marca dea boa impresión, non?
Pois para iso fai falta alguén que sepa o que fai. Alguén que estude deseño, que entenda de formas, cores, tipografías, usos, formatos, reproducións, impresións, pantallas e mesmo da vida. Un profesional, vaia.
Que pasa cando llo encargas a quen non sabe?
Pasa isto:
-
Tes un logotipo que se ve ben nun folio, pero non nun móbil.
-
Non sabes cal é a versión en branco para a camiseta negra.
-
Mandas imprimir e o da imprenta che di: “isto vén en .jpg, non tes vectorial?”
-
A letra xa non se le a partir de 5 cm.
-
Ou directamente… é igualiño ó dun taller de neumáticos de Cuenca.
E cando cho fai un/ha deseñador/a?
-
Tes unha identidade feita á medida do teu proxecto.
-
Funciona en redes, nun cartel, nunha tenda online ou nun tractor.
-
Inclúe versións, cores, arquivos, manual e criterio.
-
Transmite o que ti queres dicir, mesmo cando ti non sabes dicilo.
Pero… vale a pena gastar nisto?
Depende. Queres que te tomen en serio ou prefires que pensen que o teu negocio o montaches nunha tarde de choiva?
Un logotipo ben feito é unha inversión que se nota, se sente e se agradece.
En resumo
O logotipo faio quen sabe. E se o queres facer ben, en SondeOU estamos listos para darlle forma ao que tes na cabeza (e que pareza profesional, non un garabato de Paint).
Envíanos un correo e falamos
O tempo e ouro, contáctanos?
Máis Bitácora
1. Que é o briefing de SondeOU
Que é un briefing e por que é tan importante para crear unha marca?Tes unha idea bastante clara de como queres que sexa a túa marca. Sabes a que te dedicas, quen é o teu público e incluso pode que teñas algunha cor ou estilo en mente. Entón chegas a SondeOU para crear...
Redes sociais 2025 e tendencias para 2026
Redes sociais 2025: que funcionou, que non e que esperar en 2026Durante anos instalouse a idea nas redes sociais: canto máis publiques, mellor. Máis formatos, máis frecuencia e máis presenza. Porén, os datos de 2025 veñen desmontar esa lóxica. As plataformas están...
Limpeza simultánea de praias e ríos 1
SondeOU organiza en Toén a limpeza simultánea do Río Miño o 10 de xaneiro ás 11:00 h. Actividade aberta ao voluntariado dentro dunha acción estatal de limpeza de ríos e praias.O próximo sábado 10 de xaneiro ás 11:00 horas, Toén súmase á limpeza simultánea de praias e...



