Eventos e experiencias para xente libre. Vente, o plan xa está feito
OUMÁ! é un servizo de creación e organización de plans, eventos e experiencias sociais para persoas que adoitan facer plans soas, independentemente de que teñan parella ou non. Aquí o importante é propoñer experiencias coidadas para quen quere saír, facer algo distinto e compartir tempo coñecendo outras persoas desde a tranquilidade e sen presións.
OUMÁ! nace en Ourense, Galicia e tamén se desenvolve en Madrid, como un proxecto compartido entre SondeOU e We Brains Group, empresa madrileña especializada en publicidade e comunicación.
Plans para xente libre
Os plans OUMÁ! non responden a un único formato.
Poden ser:
- pequenos ou numerosos
- urbanos ou en espazos naturais
- culturais, sociais ou gastronómicos
- de día ou de noite
O punto en común é sempre o mesmo: plans pensados para xente que vén soa, pero que quere sentirse cómoda compartindo o momento.
.
Plans propios OUMÁ!
Creamos e organizamos plans propios, deseñados integramente por SondeOU e Webrainsgroup.
Estes plans anúncianse periodicamente na bitácora de OUMÁ!, onde se publican datas, lugares e toda a información práctica.
👉 Se che apetece vir, só tes que estar atenta/o ás próximas propostas.
OUMÁ! como servizo
OUMÁ! tamén pode ser contratado como servizo para crear plans deste estilo para terceiros.
Traballamos con:
-
institucións, marcas, espazos culturais, locais, concellos, proxectos privados…
Encargámonos do concepto, do formato, da comunicación e da organización do plan, adaptándoo ao público e ao contexto.
Limpeza simultánea de praias e ríos 1
SondeOU organiza en Toén a limpeza simultánea do Río Miño o 10 de xaneiro ás 11:00 h. Actividade aberta ao voluntariado dentro dunha acción estatal de limpeza de ríos e praias.O próximo sábado 10 de xaneiro ás 11:00 horas, Toén súmase á limpeza simultánea de praias e...
PECADOS
Evento de SondeOU: Unha experiencia de Samaín en espazo AxaciaNo corazón de Puga (Toén), a casa Axacia abre as súas portas para converterse nun escenario de medo, lendas e escuridade.Este Samaín, mergúllate nun percorrido único polo interior da casa, onde os sete...
Envíanos un correo e falamos


