Aquela que che vén á cabeza sen pensar. Como a túa avoa co caldo.
Marca memorable
Unha marca memorable é esa que che sae soa cando alguén di “pan”, “móbil” ou “cerveza”.
Non porque sexa a mellor do mundo, senón porque o fixeron ben: fixeron branding e branding fixo clic no teu cerebro.
É coma cando ves un coche branco e pensas en funerarias, aínda que non sexa. As marcas deixan pegada. E iso non é casualidade.
Exemplos que quedan gravados
-
Se che falan de lagostinos, pensas en Pescanova, sen darlle máis voltas.
-
Se che poñen unha cervexa diante, Estrella Galicia, ou non é?
-
Se hai marisco na mesa, aparece o Albariño sen chamar. Iso si que é parella ben feita.
-
E se alguén menciona deseño de Ourense… pois igual xa pensas en SondeOU (😉).
Todo iso é marca. E se che vén á cabeza sen esforzo, é que funcionou.
Como se constrúe unha marca memorable?
-
Coherencia: sempre igual, pero con gracia.
-
Identidade: cor, forma, ton e xeito que encaixen coa túa esencia.
-
Repetición: non aburrir, pero estar presente sen ser pesado.
-
Deseño: se non entra polos ollos, tampouco chega ao corazón.
-
Mensaxe: saber o que dis, como o dis e a quen llo dis.
O que non fai unha marca memorable (pero moitos cren que sí)
-
Copiar á competencia. Non, non funciona.
-
Poñer un logotipo con moitos detalles. Que se ven? Nada.
-
Cambiar de estilo cada mes. Desorientas, non impactas.
-
Falar coma un robot ou coma unha IA barata. A xente quere verdade.
Resumo rápido para os impacientes
Unha marca memorable é coma unha canción pegadiza: queda porque está ben feita, repítese con xeito e conecta contigo.
Non se trata de ser o máis rechamante, senón o máis recoñecible e coherente.
¿Precisas axuda para que a túa marca se grave como un refrán na cabeza da xente?
→ En SondeOU facémolo posible. Sen fume. Sen líos. Con retranca e resultados.
Envíanos un correo e falamos
