Contar quen es e de onde vés é unha ferramenta estratéxica para conectar co teu público e destacar no mercado.
Índice
Por que necesitamos historias?
As historias forman parte da nosa forma de estar no mundo. Non só informan: emocionan, explican, xeran sentido e constrúen comunidade. Cando alguén nos conta unha historia que nos toca, activamos a memoria, empatizamos, sentimos. Nun mercado saturado de mensaxes e ruído, a historia dunha marca pode ser a diferenza entre pasar desapercibida ou quedar gravada na mente (e no corazón) da xente.
O poder de conectar coa emoción
As decisións de compra non sempre son racionais. Moitas veces, escollémolo que nos fai sentir algo: confianza, orgullo, tenrura, admiración… As marcas que emocionan, fidelizan. Cando unha persoa se sente reflectida ou inspirada pola historia dunha marca, é máis probable que a apoie, que lle dea valor, que a recomende. Contar a túa historia non é só un xesto bonito: é unha estratexia emocional.
Que é o storytelling e como funciona
O storytelling é a arte de contar historias de forma estruturada para transmitir unha mensaxe clara e memorable. Nunha marca, implica construír un relato coherente arredor da súa orixe, valores, motivacións e visión de futuro.
Un bo storytelling:
-
Ten unha voz propia (natural, coherente, recoñecible).
-
Usa emocións reais e evita o artificio.
-
Conecta a historia persoal coa proposta de valor.
-
Dálle un lugar ao público: non fala só de ti, senón do que ti podes facer por eles desde a túa verdade.
A historia como base da identidade de marca
O deseño dunha marca (logotipo, cores, ton de voz, estilo visual…) non é só unha cuestión estética. Todo debe partir da historia que queres contar. A narrativa dunha marca é o fío condutor que dá unidade ao seu universo. Sen ela, o branding pode quedar baleiro ou deslabazado.
Cando construímos marcas en SondeOU, sempre comezamos preguntando:
Que historia hai detrás disto?
Porque aí está o diferencial. Non se trata de inventar, senón de mirar cara dentro e poñer en valor o que xa está.
Como construír a túa narrativa
Algunhas preguntas clave para comezar a artellar a túa historia de marca:
-
Que te fixo empezar este camiño?
-
Que problema queres resolver ou que valor queres achegar?
-
Que momentos marcaron un antes e un despois?
-
Que simboliza o teu nome, o teu logo, o teu estilo?
-
Que queres que a xente sinta cando pense na túa marca?
Responder a estas preguntas axúdache a dar forma a unha mensaxe clara, emocional e estratéxica.
Hai historias que esperan ser contadas (Soncultura)
O mesmo que sucede cunha marca, pasa con lugares. Hai espazos cheos de historia que precisan ser activados, visibilizados, escoitados. Desde SondeOU creamos Soncultura, unha liña de traballo onde combinamos deseño, comunicación e emoción para dar vida a museos, rutas, castros, mosteiros e proxectos culturais con alma.
Pero Soncultura non é só para conservar o pasado. É tamén para crear novas historias.
Porque tamén hai lugares que, sen un relato previo recoñecido, teñen o potencial de converterse en referentes culturais para a súa contorna.
Pensa, por exemplo, nunha nave industrial abandonada, antiga granxa de polos, que quedou no esquecemento despois de que o seu dono se xubilara. Agora, un grupo de veciños decide recuperala como espazo de exposicións, concertos, obradoiros e encontros culturais. Non hai paneis antigos nin documentos históricos… pero hai futuro, hai creatividade, hai xente que quere construír comunidade.
Ese tamén é patrimonio. Esa tamén é unha historia que merece ser contada.
En Soncultura traballamos:
-
Identidade visual e gráfica adaptada ao contorno e contido.
-
Deseño de materiais físicos e dixitais para exposicións, paneis ou publicacións.
-
Píldoras audiovisuais, redes sociais e narrativas para proxectos con valor patrimonial ou cultural.
-
Webs que non só informan, senón que constrúen memoria e fan vivir experiencias.
Porque non abonda con ter un lugar con historia:
ás veces hai que creala, e contala desde o presente.
Se tes un espazo, unha idea ou un proxecto que merece existir e emocionar…
👉 Falamos?
Conclusión: sen historia, non hai alma de marca
Nun mundo que cambia rápido, as historias son o que queda. Son o que conecta, o que diferencia, o que constrúe confianza. Sen unha historia ben contada, unha marca pode ser esquecible.
Con ela, pode chegar moi lonxe.
En SondeOU e Soncultura cremos que cada proxecto, persoa ou espazo ten algo valioso que contar.
Axudámoste a descubrilo e poñelo en valor.
Envíanos un correo e falamos
