SondeOU | Deseño gráfico galego e identidade visual en Toén, Ourense

En SondeOU, estudo de deseño gráfico galego en Ourense (Toén), transformamos a cultura galega en deseño con raíces locais e visión global. Nacemos onde a beleza se fixo paisaxe, onde nace a auga fervendo e o mellor entroido do mundo. Axudamos ás marcas a contar a súa historia, con identidade, retranca e paixón polo territorio.

Así somos en SondeOU, estudo de deseño gráfico con xeito galego en Ourense

Os nosos pais e avós tiñan gando, recollían castañas, uva, sacaban o mel, sementaban o seu horto… E nós tamén, porque non nos dá medo o traballo, sexa cun rato na man ou como preste. Sí, somos tecnolóxicos, si, fomos ao capital pero este é o noso sitio. Nacemos para axudar ás empresas a crecer e a existir neste mundo dixital. Sabemos o que é ser o peixe pequeniño, o difícil que é facerse un oco no mercado pero tamén sabemos recoñecer o talento, o que che vai facer crecer e conseguir os teus obxectivo.

Amamos a nosa cultura tanto que amamos o resto de culturas, aprendemos delas e aplicámolas porque nós somos de Ou pero de onde veñas vainos encantar, enriquecer e empaparémonos dela para conseguir o mellor resultado. SonCultura. Visita o noso Instagram e o noso FaceBook.

Gústannos as cousas claras, temos un proceso creado para que en todo momento saibas como avanza a túa marca. Evitamos as palabrexas inglesas, sabemos que aos deseñadores adóitalles gustar máis o inglés que uns pantalóns negros (e xa é dicir) pero todo ten tradución e queremos que todos entendamos o que se está facendo. Pero non te preocupes, se hai que utilizar inglés tamén se utiliza, e portugués, e francés… Malo será.

Se a túa marca vai moito máis do que crees que podemos facer non te preocupes, traballamos e colaboramos con outros estudos, da man farémosche crecer e cumprir os teus obxectivos.

Traballamos con marcas galegas que buscan deseño gráfico profesional en Ourense, adaptado á súa identidade, á súa cultura e ao seu xeito de comunicar.

En SondeOU cremos que o deseño gráfico é tamén unha forma de falar de quen somos como pobo. Creamos marcas que contan Galicia con orgullo, desde Toén para o mundo.

Misión
Ser o impulso e a inspiración para todo tipo de marcas co fin de lograr todos os seus obxectivos.
Visión
Causa e referente de comunicación visual, impulsora de marcas en Galicia e recoñecida en España e Portugal.
Valores
  • Creatividade
  • Compromiso
  • Diversidade
  • Calidade
  • Proceso

.

Impórtanos o que nos rodea

Compromiso ambiental

Ser da provincia de Ourense implica ser de aldea, de bosque, de animais, de natureza. Vivimos nunha contorna privilexiada que cada ano sofre as consecuencias das malas decisións humanas. Incendios forestais, contaminación… Actualmente estamos a crear unha serie de compromisos ligados á política da empresa que farán da nosa contorna un lugar mellor.
Aínda estamos a concretar con algúns concellos temas de limpezas de bosques, ríos ou plantar árbores autóctonas en zonas arrasadas polos incendios pero polo momento temos á nosa disposición directrices para crear deseños co mínimo impacto contaminante.

Emprego e prácticas

Ser parte da equipa

Gustouche o que viches e queres pasar a ser un membro máis. Pois agora mesmo non estamos a buscar a ninguén pero se aínda así non es dos que se conforman cun non, imos dar unhas pistas para que che teñamos en conta en futuras contratacións. Imos coas pistas:

  1. Contestamos todos os correos que vemos, físicos ou dixitais.
  2. Non te esquezas de poñer o teu correo electrónico.
  3. Encántanos o proceso e o detalle, por iso toda a información que necesitas para chamar a nosa atención está nesta web. TODA.

.

Envíanos un correo e contáctanos

O tempo e ouro, falamos?