O proceso, porque as cousas ben feitas ben parecen.

Dámoslle moita importancia ao proceso porque nel está a clave de que ti como cliente teñas éxito e por tanto nós tamén.

.

Reunións

Orzamento

Brief

Entregas

Pagos

Formación

Coñece os diferentes puntos

Que é o proceso e para que serve?

Chamámoslle proceso a una serie de pasos que seguimos cliente e estudo para conseguir os obxectivos do proxecto. Desta maneira tí coma cliente/usuario comprenderás os tempos, estarás implicado, verás o crecemento, coñecerás os porqués e por tanto, entenderás o resultado. Xuntamos formación cós servizos. Mesturamos a nosa creatividade cas túas ideas. É importante ver o proceso coma a nosa maneira de traballar. Sabemos que non todos os proxectos son iguais pero teñen moitos puntos en común ahora de levalos a cabo. Vótalle un ollo e comencemos a traballlar.

1. O primeiro contacto. Correo ou chamada.

Da túa parte ou da nosa. Nese primeiro contacto será cando nos contes en que podemos axudarche, que problemas tes aos que buscar solución, falarasnos da túa empresa, as túas dúbidas e ofrecerémosche unha reunión presencial ou en liña para aclarar puntos.

2. Reunións.

Aquí cóntasnos e contámosche, asesoramos e falamos de custos, de axustes, dos paquetes de servizos e demais. Se estás conforme, enviámosche o orzamento.

3. Orzamento enviado e aceptado.

Nel aparece que como forma de oficializar o compromiso de contratación dos servizos orzados debes abonar un % do prezo final. Unha vez ingresado ese % xa estás a traballar connosco. Enviaráseche o brief (entrevista).

4. O brief ou briefing.

Un documento a modo de entrevista que debes encher da forma máis sincera sobre o proxecto no que imos traballar.

5. Entrega de propostas.

Entregas dos diferentes productos, formatos… do encargo. Durante esta etapa pode haber algún pago intermedio, sempre dependerá do pactado no orzamento.

6. Realizacións de cambios.

Dependendo do contratado haberá diferentes reunións para cambios na proposta elexida. (Cambiar a cor, coller o icono dun ca tipografía de outro…)

7. Presentación de propostas.

Móstrase o traballo final pero sen entrega ata o pago final.

8. Pago final.

Realízase o pago final.

9. Entrega total.

Entrégase o producto ou servizos finais. Por exemplo, nunha web as claves, dunha marca o logo nas diferentes versións, manuais de marca, archivos de impresión…

10. Formación.

Reunión formativa sobre o entregado, explicación sobre arquivos, usos, como coidar a marca, como colocar elementos…. Dependerá do proxecto. Sempre se pode ampliar nos talleres e cursos que se atopan no apartado de servizos.

Exemplo infográfico do proceso de creación dunha marca nova.

Xa sabes como será o proceso

O tempo e ouro, falamos?