Colabora con SondeOU e comecemos a medrar
Tes unha idea e queres que traballemos da man para sacar un proxecto concreto? Tes un cliente que a parte dos servizos que ti ofreces necesita os nosos? Sodes un grupo de profesionais que mesturan servizos para ampliar clientela? Es da competencia e vés rexoubar? Cando termines tamén estamos dispostos a traballar contigo, ti fasnos mellores e nós non somos egoístas seguro que se nos ocorre algo no que traballar xuntos.
.
Externaliza traballo
Deriva en nós aquel traballo que non podas facer, porque non é o teu sector, tes moito…
Se os teus clientes piden os nosos servizos externalízalos connosco. De aquí a crear xuntos só hai un paso.
Vés rexoubar?
Es da competencia e vés rexoubar? Cando termines tamén estamos dispostos a traballar contigo, ti fasnos mellores e a nós tamén nos gustas observar polo que seguro que se nos ocorre algo no que traballar xuntos.
Axúdasnos?
Podemos axudarnos, facernos mutuamente publicidade, ideas que nos fagan crecer, escoitámosche.
Conséguenos clientes, novos usuarios e opterás descontos, agasallos nos que as dúas partes sairán gañando.
%
Traballo en equipa
Exemplo de externalizar a nós
- Un estudo de deseño que ten un pico de traballo, para non sufrir retrasos, deriva algúns traballos a nós.
- Unha axencia que carece dalgúns dos nosos servizos e prefire externalizalos en nós.
Exemplo de colaboración
- Estudo de arquitectura que foi contratado para crear un hotel e quere que xuntos creamos a imaxe, para que hotel e marca sexan un.
2º Exemplo:
- Programador o que lle ven un proxecto que necesita complentar deseño UX/UI.
Exemplo de cliente tráenos cliente
- Un cliente antigo presume cun amigo dos servizos adquiridos con SondeOU, ese amigo contrata os nosos servizos grazas o antigo cliente. Coma compensación ambas partes recibirán un agasallo, desconto…
1º Exemplo:
- Unha persoa allea a empresa coñece o noso traballo e conséguenos varios clientes e ventas. Por comisión, agasallo, desconto premarase a súa labor.
Exemplo de compromiso social
- A túa empresa organiza unha plantación de árbores nunha zoa incendiada, necesítasnos coma voluntarios ou para darlle altavoz a iniciativa.
Colabora con SondeOU
Cómo é colaborar con SondeOU?
Os comezos son complicados pero sempre son grandes experiencias, a confianza é importante pero sempre é millor sobre o papel. Isto é precisamente o que fai o compromiso e fai que sexa tan bo traballar connosco. Facemos contrato, temos as reunións que sexan necesarias para que a papelada e cuestións legais péchense canto antes e así centrarnos no que importa e gusta. Cliente e creatividade.
Ti tamén podes ser parte da nosa rede. Coñece outros colaboradores.
Envíanos un correo e falamos
