- Este evento pasou.
San Solterín · 30–49 anos

Reserva a túa entrada
Podes comprar a túa entrada na tenda de mascotas (Musuko) no centro comercial Ponte Vella en horario de mañá de 10:00 a 15:00 h ou facer a reserva no formulario e entrar por orden.
Enche o formulario e selecciona o día ao que queres asistir e o método de pago.
🔸 Cada día corresponde a un tramo de idade distinto.
🔸 Se te atopas entre dous tramos de idade, podes elixir libremente o día que prefiras. Se queres asistir a dous días diferentes, deberás reservar dúas entradas e indicalo no campo de comentarios.
🔸O prezo por entrada para unha persoa e por día é de 25€ con IVE.
Métodos de pago:
🔹 Bizum: envía o importe ao número 629163901, indicando nome e apelidos como concepto.
🔹 Efectivo: pagamento no local o día do evento. Ten en conta que, por motivos de aforo, as reservas sen pago previo poderán ser reasignadas.
A reserva considerarase válida unha vez recibido o pago ou confirmada no local. Podes por o teu nome e apelidos reais ou por un nome e apelidos falsos pero que non sexa xenérico para que non se repita.
⛔ Prohibido sacar fotos no interior.
Entrada por día e por persoa 25€ con IVE
Patrocinadores
San Solterín · Evento social para persoas solteiras
San Solterín é un evento social e experiencial creado por Trotaventos, pensado para persoas solteiras que desexan facer plans diferentes, compartir tempo e coñecer xente nova nun ambiente distendido, coidado e afastado dos formatos de lecer convencionais.
O evento celebrarase na Bodega Casal de Virmadeus, en Cenlle (Ourense), un espazo singular ligado ao territorio e ao viño, que achega un contexto próximo e acolledor no que a experiencia compartida cobra especial importancia.
Datas e lugar
San Solterín desenvolverase ao longo de tres datas diferentes, cada unha delas dirixida a un grupo de idade concreto:
- 27 de febreiro · persoas solteiras de 30 a 49 anos, a partir das 21:00 h
- 28 de febreiro · persoas solteiras de 45 a 65 anos, a partir das 21:00 h
- 1 de marzo · persoas solteiras maiores de 60 anos, a partir das 12:30 h
Lugar:
Bodega Casal de Virmadeus
Rúa da Igrexa, 1 · 32454 Cenlle (Ourense)
Cada unha destas xornadas está pensada como un evento independente, cun ambiente e un ritmo adaptados ao grupo de idade correspondente, pero mantendo unha mesma filosofía: propoñer un plan real no que a xente se coñeza de maneira natural, sen presións nin expectativas impostas.
Que se vai facer en San Solterín
San Solterín non é unha cita nin un evento dirixido ao ligue. Trátase dun plan social, no que a interacción xorde a partir da experiencia compartida e da participación nun ambiente cómodo e relaxado.
Durante o evento, as persoas asistentes poderán desfrutar de:
- Viño
- Pinchos
- Xogos
- Sesión DJ a cargo de DJ Smile
A combinación de gastronomía, música e xogos crea un contexto ideal para romper o xeo, facilitar a conversa e favorecer a interacción sen artificios. As actividades non están pensadas como probas nin dinámicas forzadas, senón como acompañamento do encontro, permitindo que cada persoa participe ao seu propio ritmo.
A música de DJ Smile acompañará a velada cunha sesión pensada para crear ambiente, sen invadir nin dificultar a conversa, contribuíndo a un clima distendido e agradable.
.
Que inclúe a entrada
San Solterín será na Bodega Casal de Virmadeus situada no Ribeiro polo que a bebeida será principalmente viño pero haberá bebidas alternativas. A entrada para San Solterín inclúe:
- Unha copa de viño
- Pinchos
- Participación nos xogos
- Acceso á sesión de DJ Smile
As copas adicionais non están incluídas na entrada e poderán adquirirse á parte no propio recinto.
O prezo da entrada é de 25 € con IVE.
As entradas están dispoñibles a través do formulario do final e tamén poderán adquirirse o mesmo día do evento en efectivo no recinto, ata completar aforo.
San Solterín e os próximos eventos
San Solterín forma parte do proxecto Trotaventos, unha iniciativa centrada na creación de eventos sociais e experiencias presenciais para persoas solteiras, con propostas coidadas, adultas e con identidade propia.
Ademais de San Solterín, haberá máis eventos para solteiros e solteiras baixo o nome de “Solteríns”, que se irán anunciando ao longo do ano con diferentes formatos, localizacións e propostas. Cada Solterín manterá a mesma filosofía: plans reais, presenciais e pensados para favorecer a conexión entre persoas desde a tranquilidade e a experiencia compartida.
Para estar ao tanto das próximas datas e novidades:
- consulta o calendario de eventos
- segue a SondeOU nas redes sociais
Novos plans, novas experiencias e máis Solteríns están por vir.
