SondeOU é un estudo de deseño gráfico en Ourense que axuda ás marcas a falar e conectar.

En SondeOU, estudo de deseño gráfico en Ourense, axudamos ás marcas galegas a falar, existir e conectar cunha imaxe viva, memorable e coherente. Facemos que se namoren da túa marca a través dun deseño que conta historias.

.

Imaxe de Marca: deseño gráfico...

Páxinas webs, tendas dixitais...

Redes Sociais: estratexia, post...

Envases: etiquetas, caixas...

Editorial: revistas, panfleto, carteis...

Deseño gráfico

Buscabas un logotipo, unha web para a túa empresa. Algo bonito e rápido e atopácheste cun estudo que crea marcas, un conxunto de elementos que fan que o teu cliente elíxache a ti por riba da túa competencia, que se sinte atraído polo que vendes e incluso o admira (marca de culto). Ou sexa, que só o logotipo quédase curto. Segues querendo só un logotipo ou queres unha marca?

Visita a nosa bitácora/blog e segue as novas.

Facemos logos, marcas que che fan destacar sobre a competencia.

Montamos webs que aumentan as ventas e a túa presenza dixital para que sexas a primeira opción.

Webs de presentación, tendas, portfolios dixitais…

Xestión de redes sociais coma canle directa entre a túa marca e os teus clientes. Creamos comunidade.

Servizo deseñado para levar a túa presenza ó seguinte nivel.

Etiquetas, envases, panfletos, carteis… Todo o que a túa marca necesite pensando sempre no usuario.

Cada produto xira en torno a Experiencia de usuario.

.

Sobre o estudo de deseño

SondeOU é un estudo de deseño (gráfico), experto en comunicación visual que nace na provincia de Ourense. Comezou na Ribeira Sacra e agora estase asentando nunha aldea no corazón do Ribeiro. Coma moitos galegos do rural os nosos pais traballaron duro no campo para darnos uns estudos para traballar, normalmente fora. Podes sacar o rapaz de Galicia pero non a Galicia do rapaz por eso estamos onde estamos, axudando as empresas a seguir na súa casa e crecer. Son de OU e tí, es de aquí ou vés a festa?

Disponse de paquetes de servizos os que se poden ampliar. Todo sempre acompañado de asesoramento, guía e formación.

Súmate: Queres ser de OU?

Prácticas con nosco ou estar dentro do equipo SondeOU. Coñece a nosa política e descubre como ser de OU.

Talleres: Como che axudamos a crecer?

Facemos pequenos talleres e eventos onde explicamos noticias sobre o crecemento da túa marca. Ferramentas de deseño, novos algoritmos…

Compromiso: Coidando o noso medio.

Creamos e nos sumamos a actividades que coiden o noso entorno compensando a nosa pegada de carbono.

Metodoloxía SondeOU

Proceso é o conxunto de pasos para crear o teu proxecto. Con eles veralo crecer, entenderás o porqué das cousas e aprenderás a mantela línea de todo o que o rodea.  Bótalle un ollo e comeza a crear connosco.

$
O primeiro contacto
Diferenciamos que queres e que é o que necesitas. Unha vez localizado, concretamos e contratamos.
Presuposto e brief
Unha vez que sabemos o que se quere falemos de cartos, porque moi amigos si, pero a vaquiña polo que vale.
O brief é un documento do que se saca a diferenciación do teu proxecto, para ti unha entrevista para nós a clave de todo.
Reunións e revisións
Según o que se contrate haberá unha serie de reunións nas que se irá revisando o proxecto, débedas, extensións…
Formación e seguimento
Terminado o proxecto, algúns usuarios necesitades formación sobre as entregas, seguimento ou mantemento.

Coñece o traballo dun deseñador

Portfolio: exemplos de proxectos

Necesitas visualizar cómo pode quedar o teu proxecto? No noso porfolio poderás ver exemplos sobre o traballo de SondeOU e tamén todos os servizos de maneira visual que podemos facer por tí. Vótalle un ollo e cóntanos en que te podemos axudar.

$

Crezcamos xuntos

Traballar con outros profesionais, outros estudos mesturando talento é unha das mellores experiencias e que mellores resultados da. Ponte en contacto con nós, fálanos de en qué podemos crecer xuntos. Colaboramos con fotógrafos, publicistas, interiores…

$

Quen fai os logotipos?

Porqué un deseñador e non outra persoa.

Unha marca memorable é aquela que che ven a cabeza cando ves un produto ou servizo; ou sexa o que nós facemos.

Mantente informado sobre o que facemos

Na Bitácora atoparás a millor información para túa marca e as últimas novas de SondeOU

$

Unha marca con historia vende moito máis.

A importancia das Redes Sociais.

Para que son?

As marcas teñen valor contra máis as traballes. Ti podes vender a túa marca, comprar unha xa creada. Pero as marcas tamén poden perder o seu valor. Toda a información en: Rexistra a túa marca.

Que é o Briefing (informe)?

Envíanos un correo e falamos

O tempo e ouro, contáctanos?